ALCALDÍA
O alcalde recibiu ao novo xefe da Forza Loxística Operativa
O novo xefe da Forza Loxística Operativa do Noroeste, o tenente xeneral José Luis López Rose, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán. Xosé A. Sánchez Bugallo deu a benvida e ofreceulle a colaboración municipal no seu labor.
COMERCIO
A proposta colorista de Andrómenas gaña a edición de verán do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou os tres comercios premiados na edición de verán do V Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. En primeiro lugar clasificouse o estabelecemento de decoración Andrómenas, gañador anual do certame no ano 2006. En segundo lugar quedou a tenda de marroquinería Media Lúa, gañadora anual do concurso no ano 2007. E o terceiro premio foi para a xoiaría Xanana, terceira clasificada na edición de Nadal do 2007.
FESTAS
As Festas do Apóstolo comezan co pregón do escritor e presentador Boris Izaguirre
As Festas do Apóstolo arrancan venres, día 18, coa lectura do pregón, que correrá a cargo do escritor e presentador Boris Izaguirre. O venezolano garda unha estreita relación coa cidade de Compostela, tanto persoal como profesional, pois foi na capital galega onde comezou a súa carreira nos medios de comunicación españois, no programa Compostela Sol y Luna.