URBANISMO
Santiago liderará o proxecto europeo URBACT II
A proposta do resto de cidades europeas participantes, Santiago liderará o URBACT II, un proxecto de cooperación europea en materia urbana destinado a promover políticas de vivenda adaptadas ás novas necesidade sociais. Así se decidiu nunha xuntanza en París, de xeito que Compostela encabezará a candidatura de doce cidades á primeira convocatoria desta iniciativa, que se pecha o 15 de febreiro.
URBANISMO
O alcalde di que a sentenza sobre a antiga fábrica de curtidos de San Lourenzo é "un erro e contraria ao interese xeral"
Na súa habitual comparecencia dos venres ante os medios de comunicación, o alcalde lamentou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula a licenza concedida para rehabilitar a antiga fábrica de curtidos de Ponte Sarela, en San Lourenzo. Para Sánchez Bugallo, esta decisión é "un erro", así como "contraria ao interese xeral e ao Plan Especial do Casco Histórico".
ALCALDÍA
Os tres rexistros estarán nun local céntrico da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que "para a semana que ven esperamos chegar a un acordo para o local onde se ubicarán os tres rexistros". Na súa opinión a "solución óptima" é un inmoble ben comunicado no centro da cidade, onde estean os dous Rexistros da Propiedade e o novo Rexistro do Mercantil.
ALCALDÍA
O traslado de Emuvissa a Sar deixa espazo no Pazo de Bendaña para a biblioteca Eugenio Granell
O traslado da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) ás súas novas oficinas de Sar deixa libre o espazo que esta ocupaba no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell. Deste xeito, aquí situarase a completa biblioteca do artista cedida a Compostela.
FESTAS
Compostela dá a benvida ao Antroido
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa de actividades para o Antroido 2008, que este ano comezará o sábado, 2 de febreiro, e estenderase ata o mércores 6. O acto estivo marcado pola música e pola animación de dúas comparsas, Os conformistas de Conxo e A ruliña de Laraño e pola presenza do deseñador do Meco, José Manuel Méndez.
REHABILITACIÓN
A nova web do URBANA SANTIAGO NORTE dá a coñecer o proxecto á cidadanía
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, presentou a web www.urbanasantiagonorte.org, a páxina web do proxecto URBANA SANTIAGO NORTE que o Concello solicitará para a cidade. A páxina pretende ser un instrumento de comunicación áxil para que a cidadanía coñeza o proxecto en profundidade e poida averiguar todos os datos relativos a el.