CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle a mostra "Golfiño en portada"
"Golfiño en portada" é o título da nova exposición que se exhibirá no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche ata o 31 de marzo. Trátase dunha selección de 15 cubertas do semanario de historietas "Golfiño".
RELACIÓNS VECIÑAIS
As asociacións veciñais repartiranse 100.000 euros para as súas actividades
O concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, presentou as bases dunha nova convocatoria de subvencións para as actividades programas polas asociacións veciñais de Santiago. Nesta edición de 2007 a contía a repartir pasa de 80.000 a 100.000 euros.
EDUCACIÓN
Continúa a desenvolverse o Programa de educación pola mobilidade
O Colexio Vilas Alborada foi escenario dunha nova sesión do Programa de educación pola mobilidade, que está a desenvolver a Concellería de Educación e Mocidade en colaboración coa Fundación RACC. Esta iniciativa forma parte á súa vez do programa municipal "Onde está o perigo".
CULTURA
Chegan a Compostela algunhas das obras máis destacadas do panorama teatral español
Algunhas das obras de teatro e danza máis destacadas do panorama español chegan un ano máis ás táboas do Principal e do Auditorio de Galicia. Veñen da man dunha edición de "Teatro en xira", unha iniciativa promovida pola Concellería de Cultura e a Fundación Caixa Galicia.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nacen dúas novas empresas creadas no marco de Equal Compostela Social
Abren as súas portas dúas novas empresas creadas no marco do Proxecto Equal Compostela Social, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego. Con estas son xa 27 as empresas constituídas a través deste programa dende que comezou a súa andaina, en novembro do 2005. 21 das empresas (78%), foron creadas por mulleres.
CONSORCIO
A exposición "Intramuros" pecha as súas portas tras recibir 130.000 visitantes
Dende a súa inauguración en xullo de 2006, 129.290 persoas puideron descubrir a cidade máis oculta na mostra "Intramuros", que o Consorcio de Santiago organizou na antiga sé do Banco de España co gallo do 15 aniversario do Real Padroado.
ALCALDÍA
Recepción á asociación cultural Alfaia
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán recibiu aos representantes da asociación sociocultural Alfaia. Estes transmitíronlle a Xosé A. Sánchez Bugallo as súas inquedanzas e informárono sobre os seus proxectos educativos e culturais.
ALCALDÍA
O Concello intensificará os mecanismos de prevención fronte ao vandalismo nocturno
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á directiva de Acotés. Os representantes desta asociación de comerciantes transmitíronlle a súa preocupación polas roturas dos vidros de cinco escaparates acontecidas nas últimas semanas.