ALCALDÍA
A segunda fase do colector xeral e o paso inferior do Hórreo: en marcha dous proxectos claves para a cidade
O alcalde compostelán valorou a saída a concurso da segunda fase do colector xeral entre Pontepedriña e a Silvouta, e a inminente saída a licitación do paso inferior do Hórreo. Deste xeito, a primeiros de 2008 iniciaranse dous proxectos que Sánchez Bugallo considera claves para a cidade e nos que "todo está encamiñado".
ALCALDÍA
Santiago, candidata a estar no espazo dedicado a cidades na Exposición Universal de Shanghai en 2010
A cidade de Santiago foi recomendada pola UNESCO, membro do xurado do Comité organizador da Expo Shanghai 2010, como candidata a estar presente cun espazo propio na área reservada á presentación das mellores prácticas urbanas do mundo.
PLENO
O primeiro ano de aplicación da Ordenanza de Convivencia e Limpeza xerou 400 multas
Raxoi acolleu un pleno monográfico sobre o fenómeno do botellón, nunha convocatoria extraordinaria solicitada polo Partido Popular. A sesión concluíu cunha votación na que se rexeitou a creación dunha comisión municipal especial para tratar este tema.
EDUCACIÓN, DEPORTES E FESTAS
Un Nadal cheo de diversión
Os concelleiros de Educación, Guadalupe Rodríguez; de Deportes, Andrés Fariña; e de Mocidade, Xosé Baqueiro, presentaron Nadalxogo 2007. Do xoves 27 de decembro ao venres 4 de xaneiro (agás o 31 de decembro), en horario de 17:00 a 21:00 horas,os máis novos teñen unha cita no multiusos Fontes do Sar, onde atoparán unha atractiva oferta de actividades.
ALCALDÍA
O alcalde anima aos empregados do Concello a seguir fomentando o "clima de colaboración e o traballo conxunto" en 2008
Os traballadores do Concello participaron na tradicional recepción de Nadal, na que o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o resto da Corporación lles desexaron a todos un bo Nadal e un próspero 2008.
MEDIO AMBIENTE
A Concellaría de Medio Ambiente impulsa a habilitación de 12 km de "Vías Verdes" en Compostela
A Xunta de Goberno aprobou a proposta da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para que o Concello de Santiago solicite a cesión ao Adif dun tramo de vía férrea en desuso para a súa transformación en "Vía Verde". En palabras de Cienfuegos, "isto é un paso máis no camiño de conseguir a transformación destas vías abandonadas en elementos de goce para toda a cidadanía".