URBANISMO
No verán de 2008 estarán en marcha na cidade 2.500 novas vivendas protexidas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo presidiu o acto de colocación da primeira pedra do polígono SUNP-14 de Tras Paxonal, proxecto que conta cun orzamento de case 5.300.000 euros e cun prazo de nove meses.
EDUCACIÓN
Premio educativo para un método de traballo da lóxica matemática nas aulas
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo entrega dos V Premios Educacompostela 2007. Estes galardóns teñen por obxectivo recoñecer, promover e difundir aqueles materiais educativos que poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e renovación pedagóxica.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"FotogrÁFRICA", as imaxes da SIDA a través da mirada dos afectados
A exposición está financiada pola Axencia Española de Cooperación Internacional e pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galiza.
Un proxecto, catro fotógrafos. Un continente, catro países. Con estas premisas traballou Médicos do Mundo para crear unha exposición colectiva que baixo o título de "FotogrÁFRICA, vidas arredor da SIDA", achega as vivencias, os soños e as esperanzas de persoas africanas afectadas polo VIH/SIDA.
CULTURA
Jane Birkin recibirá o premio Cineuropa nun acto no Salón Nobre do Concello
Jane Birkin será a terceira en recibir nesta edición o Premio Cineuropa. Estaba previsto que se lle entregara o premio no transcurso dunha gala o domingo día 2 pero motivos da axenda da artista fan que se teña que modificar ese acto de entrega.
CONSORCIO
Máis de 4.000 persoas visitaron a exposición "Galicia no gravado antigo"
Dende a súa inauguración o 19 de outubro, máis de 4.000 persoas achegáronse á exposición "Galicia no gravado antigo", unha mostra da Colección Puertas Mosquera, que recolle unha das mellores coleccións privadas de gravados que existen sobre Galicia. Organizada polo Consorcio de Santiago, en colaboración coa Universidade Compostelá e a Fundación Caixa Galicia, a mostra pecha as súas portas o domingo 2 de decembro.
ALCALDÍA
Unha mostra de Luis Caruncho abre a nova galería Metro
Unha antoloxía pictórica do artista galego Luís Caruncho serviu para abrir as portas da nova galería Metro, situada na rúa Nova, 24.
MEDIO AMBIENTE
O Consello Municipal de Medio Ambiente impulsará o desenvolvemento da Axenda 21 Local
No Pleno do día 29 de novembro a Corporación municipal de Compostela aprobou a designación de membros do Consello Municipal de Medio Ambiente. Este órgano será presidido pola concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Elvira Cienfuegos.