BENESTAR SOCIAL
Comeza o VI Obradoiro de Educación Familiar
O programa desenvolverase en oito sesións, desde o 6 de abril ata o 25 de maio de 2005, co obxecto de reforzar o traballo educativo que se está a levar a cabo coas familias participantes no Programa de Intervención Familiar.
FUNDACIÓN GRANELL
O vangardista traballo fotográfico de Pedro Otero, na Fundación Granell
O mércores 6 de abril, ás 20 horas, inaugúrase no segundo andar do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, a mostra "Pedro Otero. Fotografías". Está organizada polo Centro Galego de Artes da Imaxe, en colaboración coa Fundación Eugenio Granell.
BOMBEIROS
O parque de bombeiros moderniza a súa flota
A praza do Obradoiro acolleu a presentación do equipamento do Servizo de Extinción de Incendios de Santiago, tras asinar o 1 de abril o convenio sobre o novo parque comarcal de bombeiros.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
As xornadas "Mira cos mesmos ollos" tratarán o tema da inmigración
As Xornadas de Inmigración "Mira Cos Mesmos Ollos ", organizadas polo Departamento de Emigración e Inmigración do Concello, xunto coa Fundación Caixa Galicia e o Foro da Inmigración, celebraranse na Aula de Cultura de Caixa Galicia, (Rúa Carreira do Conde), os días 6, 7 e 8 de abril de 19.30 a 22 horas.