RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Os composteláns poderán medir o seu risco cardiovascular no marco da I Semana do Corazón que se celebra na Alameda
A Fundación Española do Corazón inaugurou esta mañá na capital galega a I Semana do Corazón de Santiago de Compostela. Esta é unha das actividades máis emblemáticas da FEC que conta co apoio da Sociedade Española de Cardioloxía e a colaboración do Concello de Santiago, e que este ano se celebra baixo o lema "alixeira o teu corazón. O sobrepeso é un risco", co fin de concienciar á poboación do risco cardiovascular que supón a obesidade e o sobrepeso. Á...
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación visita varios centros educativos da cidade no comezo do curso escolar
O FEIL aportou máis de medio millón de euros para realizar actuacións de mellora en 16 centros de infantil e primaria.
As clases do curso escolar 2010-2011 comezaron hoxe con 3.740 alumnos matriculados nos centros de primaria da cidade.
CULTURA
O Ciclo de Lied traerá catro concertos de cantantes de sona internacional
As estrelas desta edición son o tenor inglés John Mark Ainsley e a mezzosoprano austríaca Angelika Kirchschlager.
Tamén actuarán dúas promesas da canción clásica: a soprano chilena Carolina Ullrich e o tenor norteamericano Alek Shrader.
TRÁFICO
O luns 13 ábrense á circulación a rúa Cruceiro do Gaio e un tramo de Galeras
Como xa anunciara o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, este vindeiro luns, 13 de setembro, abrirase á circulación a rúa Cruceiro do Gaio en dirección centro da cidade, así como o tramo de Galeras comprendido entre Pombal e Salvador Allende, en dirección Vista Alegre.
EDUCACIÓN
Unha exposición no marco do 32º Congreso da IBBY trae a Compostela a obra de case un centenar de ilustradores de 27 países
O Concello de Santiago e Kalandraka organizan esta mostra do Blue Book Group, na que figuran pezas de creadores galegos, e que se pode visitar en Sargadelos ata outubro. A exposición foi inaugurada esta mañá pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e polo responsable de Kalandraka, Xosé Ballesteros.
MEDIO AMBIENTE
A Semana Cultural de Conxo acollerá este sábado un roteiro medioambiental polo barrio
Todos aqueles que queiran anotarse aínda están a tempo e poden facelo no propio CSC de Conxo ou na concellaría de Medio Ambiente. A saída do roteiro será ás 11.00h desde o Centro Sociocultural de Conxo
MEDIO AMBIENTE
Publícase a lista de agarda dos novos usuarios para as hortas de Belvís
Neste momento hai varias hortas sen usuario polo que unha vez elaborada a lista definitiva procederase ao sorteo para adxudicalas. A lista de agarda pode consultarse na paxina web do Concello www.santiagodecompostela.gal. A concelleira de Medio Ambiente amosa a súa satisfacción coa experiencia das hortas municipais, na medida en que se avanzou na consecución dos obxectivos previstos e que teñen grande demanda
BENESTAR SOCIAL
O Concello reforza a súa colaboración coa Cociña Económica
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou coa directora da Cociña Económica, Esther Seoane, un convenio de colaboración en virtude do cal o Concello achega á institución benéfica máis de 20.000 euros para colaborar no servizo de manutención básica.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O emprego, as empresas tecnolóxicas e a influencia das industrias creativas no desenvolvemento económico centran o encontro de REDEL en Compostela
As xornadas contemplan a celebración da asamblea da Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local, o 9 de setembro; un seminario sobre políticas activas de emprego o día 10, e un encontro de empresas no marco de Macc 2010.
REDEL está integrada por nove entidades de desenvolvemento local: Concellaría de Promoción Económica de Santiago de Compostela, Deputación de Barcelona, Madrid Emprende, Barcelona Activa, IMFOF-Mallorca, Getafe Iniciativas, Agencia Local de Promoción Económica y Empleo de Gijón,...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia expedientes para a construción e remodelación de equipamentos por máis de 500.000 euros
O goberno local aprobou esta mañá o inicio dos expedientes para a remodelación da área de xogos infantís de Belvís, a construción dun campo de fútbol en San Lázaro, a creación dun circuíto biosaudable no barrio de Fontiñas, así como a redacción dos proxectos para a relización de melloras e reformas en 8 centros socioculturais da cidade. Nesta mesma sesión adxudicáronse provisionalmente as obras de acondicionamento dos accesos ao parque de Vista Alegre e resolveuse a...