AUDITORIO DE GALICIA
Paul Daniel, director, e Ilya Gringolts, violinista, no concerto da Real Filharmonía de Galicia
O director Paul Daniel dirixe á Real Filharmonía de Galicia
e ao violinista Ilya Gringolts no concerto do xoves, 9 de febreiro, nun programa con obras de Balboa, Schumann e Sibelius
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Aprobado o regulamento do Consello Municipal de Migracións do Concello
A Xunta de Goberno Local aprobou o borrador do regulamento do Consello Municipal de Migracións, que previsiblemente, comezará a funcionar en xuño deste ano, segundo explicou a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asistirá á inauguración do Instituto Cervantes de Sofía
O alcalde de santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará a Sofía (Bulgaria) o vindeiro xoves 10 de febreiro para asistir á inauguración do que será o Instituto Cervantes máis grande do leste de Europa.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo asistiu á conferencia de Maragall
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo,asistiu á conferencia que impartiu o presidente da Generalitat de Catalunya, Pasqual Maragall, no marco do ciclo 'Os presidentes autonómicos en Caixa Galicia', organizado pola devandita entidade financieira.
AUDITORIO DE GALICIA
A Radio Galega retransmitirá os concertos da Real Filharmonía de Galicia
A Radio Galega, e próximamente a Televisión de Galicia, retransmitirá os concertos da Real Filharmonía de Galicia, en virtude do convenio de colaboración asinado o xoves, 2 de febreiro, polo alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o director xeral de Radio Televisión de Galicia, Benigno Sánchez.
TURISMO
Turismo promove nas illas Baleares as viaxes a Compostela
A Consellería de Innovación e Industria, Turgalicia, Turismo de Santiago e Travelplan presentaron en Palma de Mallorca a campaña ‘Santiago, Puerta de entrada de Galicia’, para promover a viaxe desde as illas españolas ata a capital galega con paquetes culturais de longa estancia.
ALCALDÍA
O alcalde recibe ao Embaixador de Francia, Claude Blanchemaison
O alcalde de Santiago de Compostela amosou a súa satisfacción e hospitalidade co embaixador de Francia en España, Claude Blanchemaison, a quen recibiu en audiencia o martes, 1 de febreiro, lembrando os profundos vínculos de Compostela co país que da nome á máis recoñecida rota de peregrinación, o Camiño francés.