AUDITORIO
A Real Filharmonía de Galicia retoma os seus concertos didácticos no Auditorio
Os días 29 e 30 de outubro, a Real Filharmonía de Galicia inicia a súa temporada de concertos didácticos no Auditorio, como unha forma diferente de aproximar a música clásica aos máis pequenos da cidade e da bisbarra.
TURISMO
Unha representación do Camiño de Kumano visita Santiago
Unha representación de cidade xaponesa de Tanabe chegará o sábado 25 a Santiago de Compostela. O luns 27, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a concelleira de Turismo Tanabe, Noriko Tada, asinarán no Pazo de Raxoi un protocolo de colaboración de promoción conxunta, apoiándose no feito de que o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano son os únicas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
TURISMO E CULTURA
A curtametraxe islandesa "Smáfuglar" gaña o Premio Internacional de Ficción de Curtocircuíto
A curtametraxe Smáfuglar, do director islandés Runar Runarsson, obtivo o Premio Internacional de Ficción da V Edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto. O Premio á Mellor Curta Galega foi para o director Juan Ignacio Abia, pola súa curtametraxe Don Señor e o Home do Soño.
DEPORTES
O X Torneo Internacional de Galicia de Loita Olímpica reúne en Santiago a algúns dos mellores deportistas da especialidade
O Pavillón Municipal do Restollal acollerá, a mañá do sábado 25 de outubro, o X Torneo Internacional de Galicia de Loita Olímpica. Este é o Torneo Internacional máis antigo dos que se celebran en España e unha boa oportunidade para ver en acción a algúns dos mellores deportistas do mundo nesta especialidade.
TURISMO
Santiago mantén as pernotacións do ano 2007 malia a situación de crise económica internacional
O número de pernoctacións nos nove primeiros meses de 2008 en Santiago foi de 886.182, fronte ás 888.646 dos primeiros nove meses do 2007, segundo os datos do INE. Con estes datos, Santiago mantén as pernotacións de 2007 malia a situación de crise económica internacional.
TURISMO
O Teatro Principal acolle a Gala de Clausura da V Edición de Curtocircuíto
O Teatro Principal acolle o venres 24 mañá, ás 21:00 horas, a Gala de Clausura da V Edición do Festival Internacional de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, na que se coñecerán os nove gañadores dos premios. Coa Gala péchase o programa más amplo dos realizados ata o momento. Proxectáronse 259 curtas, procedentes de 40 países, escollidas entre as 2.558 que se presentaron ao concurso procedentes de 93 países.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo afirma que os orzamentos autonómicos supoñen "unha aposta importante pola cidade"
"Todos os compromisos coa cidade están contemplados cunha partida económica razoable e suficiente", afirmou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito dos orzamentos da Comunidade Autónoma. Neste sentido, indicou que "a inversión per capita en Santiago é moi superior á media do resto das cidades galegas".
UMAD
Máis de 2.300 escolares composteláns participarán nunha nova edición de Cinensino
O programa de prevención de drogodependencias Cinensino celebra a súa XIV edición, na que participarán 2.333 alumnos de Primaria e Secundaria dos centros composteláns. Esta iniciativa pretende, tomando como base a proxección de tres filmes, traballar en diferentes temas relacionados coa prevención do consumo de drogas.
CONSORCIO
"La marquesa de Camba": a recuperación dunha novela histórica
O alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou a edición de ]La marquesa de Camba, de Antonio Neira de Mosquera, publicada polo departamento de publicacións do Consorcio de Santiago en colaboración coa editorial Albarellos. Esta obra parte dun feito histórico: o asesinato, en xuño de 1366, ás portas da Catedral de Santiago, do arcebispo don Suero Gómez de Toledo mailo seu deán Pedro Álvarez. Un suceso que conmocionou á sociedade da época.
BENESTAR SOCIAL
O Concello colabora coa Fundación Secretariado Xitano na posta en marcha dun programa de inserción laboral
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega á ONG 19.700 euros para o desenvolvemento das actividades enmarcadas dentro do programa Acceder, dirixido á poboación xitana do municipio de Santiago de Compostela.