TURISMO
Unha misión compostelá viaxa á cidade china de Qu Fu
Entre os días 25 de setembro e 2 de outubro representantes de Turismo de Santiago e do Concello viaxarán a Qu Fu, Cidade Patrimonio da Humanidade obxecto do programa de revalorización turística Asia URBS Heritage da Comunidade Europea, liderado por Santiago de Compostela e Rennes.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo fala sobre o patrimonio inmaterial das Cidades Patrimonio Mundial en Cusco
O mandatario compostelán foi invitado ao VIII Coloquio da Organización de Cidades Patrimonio do Mundo (OCPM) para abrir o segundo ciclo de conferencias proposto co lema "O patrimonio inmaterial nas Cidades Patrimonio Mundial. Identificándoo e promovéndoo".
FUNDACION GRANELL
A Fundación Granell acolle a mostra Dende Cero
As obras que se expoñen son o resultado dos obradoiros de Pintura Terapéutica, impartidos pola artista e pedagoga Reina D’oore nos dous últimos anos. Neles participan persoas con idades comprendidas entre os sesenta e os noventa anos que nunca tiveron contacto coa creación artística.
INFRAESTRUTURAS
Comenza a segunda fase de reurbanización da rúa da Muíña
O Concello aprobará na Xunta de Goberno Municipal do luns 26 de setembro a segunda fase de reurbanización da rúa da Muíña na zona de San Lázaro. As obras terán un custo de máis de 347.000 mil euros.
TURISMO
Corenta e cinco curtametraxes serán proxectadas no festival CurtoCircuíto'05
Santiago acollerá a sección oficial do Festival CurtoCircuito’05 que se celebrará entre os días 18 e 22 de outubro.
CONSUMO
Aumenta o número de consultas ante a Oficina Municipal de Información ao Consumidor
O número de reclamacións presentadas polos composteláns de 2004 ascendeu a duascentas trece, o que corresponde a unha media de seis consultas diarias, segundo explicou a concelleira de Consumo e Sanidade, Elvira Cienfuegos.
LINGUA
O luns 26 ábrese a convocatoria para inscribirse nos cursos de galego do outono
A concellaría de Política Lingüística e a Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia convocan dous cursos de lingua galega, un de iniciación e outro de perfeccionamento, para o público en xeral.
CULTURA
Lorena Lores achega en "Dúas Beiras" as culturas galega e riopratense
O Teatro Principal acolle o espectáculo desta filla de grovenses emigrados a Buenos Aires no que se mistura a música e a danza das dúas beiras do Atlántico.
CONSUMO
A OMIC edita un tríptico para informar aos composteláns sobre o comercio en liña
A Concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, presentou unha nova campaña de información sobre o comercio electrónico que vén de poñer en marcha a OMIC.
MERCADOS
O concelleiro de Comercio e Mercados reúnese coas asociacións do mercado de gando de Amio
Nas reunións tratouse da adaptación do mercado de gando á normativa europea de tratamento dos animais que entrará en vigor no 2007.