INFRAESTRUTURAS
Tres actuacións comezan á reurbanización interior do barrio de Vista Alegre
O barrio de Vista Alegre dará un "salto na súa calidade urbana" coa reurbanización das súas rúas e prazas, contemplada na iniciativa Urbana Santiago Norte, financiada con fondos FEDER. Así o indicou o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, que explicou as tres primeiras actuacións na praza de Álvaro Cunqueiro, na rúa de Noia e na rúa paralela ao parque de Xoán XXIII.
CIRCULACIÓN VIARIA
A reserva de prazas para residentes estenderase ao casco histórico en 2012
A concelleira de Circulación Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, anunciou que a implantación das zonas de estacionamento para residentes estenderase nunha segunda fase á zona histórica. Será en 2012, unha vez rematada a primeira fase, da que aínda faltan por completarse as zonas de Sar, San Lourenzo, Pelamios, Vista Alegre e Santa Marta.
EDUCACIÓN
As dúas mellores obras escolares do Certame de Teatro Intercentros representaranse no Principal os días 16 e 18 de maio
O XVI Certame de Teatro Intercentros alcanzou unha nova edición, convertido xa nunha cita tradicional do calendario educativo do curso. Organizado pola Concellería de Educación e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Santiago, o evento conta este ano con 14 representacións, que poñen en escena os alumnos de dez centros escolares.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música incorpora novas propostas para o curso 2011-2012
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, acompañada pola directora e xefe de estudos da Escola Municipal de Música, Sara Domínguez e Mario Diz, deu a coñecer os prazos de matriculación da Escola Municipal de Música. Para este novo curso, o centro fai unha aposta decidida por materias como a música tradicional, a ensinanza infantil, a música moderna ou a danza.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno inicia a contratación do servizo de atención domiciliaria á infancia
A Xunta de Goberno iniciou o expediente para contratar o Servizo de atención domiciliaria e comunitaria á infancia. Ademais, aprobou cinco convenios con entidades sociais e o orzamento para unha nova edición da Festa dos Maiores.
CULTURA
Les Slovaks traen dous espectáculos a SCQ Danza: "Whitin" e "Journey Home"
O ciclo SCQ Danza, que organiza a concellaría de Cultura, ten unha nova cita no calendario o mércores 4 e o xoves 5 con Les Slovaks. É o derradeiro dos espectáculos que a Concellaría ofrece este semestre dentro deste programa dedicado á danza contemporánea, logo de que por motivos alleos á organización houbera que pospoñer o espectáculo de Experimentadanza previsto para o mes de xuño.
EDUCACIÓN
Os gañadores composteláns do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio" pasan uns días en Ávila
Un grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Rosalía de Castro pasan uns días en Ávila, como gañadores composteláns desta edición do programa didáctico Coñecer as Cidades Ptrimonio. Na anterior semana foran os escolares abulenses os que visitaran Santiago.