ALCALDÍA
Catrocentos escolares visitaron o Concello na Xornada de Portas Abertas
Un ano máis, o Concello de Santiago celebrou a súa Xornada de Portas Abertas, na que composteláns e visitantes puideron coñecer por dentro as dependencias municipais da praza do Obradoiro. Entre eles, preto de 400 escolares de nove centros educativos da cidade.
TURISMO
Turismo de Santiago amplía as súas visitas en MP3 incluíndo museos e monumentos
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a nova acción de Santiago en MP3, que ademais da tradicional visita audioguiada pola cidade histórica, inclúe cinco novas guías específicas para espazos singulares da cidade.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aberta aínda a inscrición no taller "Coñecemento, domino e redución do estrés", dirixido a xuntas directivas das asociacións
A Concellaría de Participación Cidadá convida a todas as asociacións a participar no taller Coñecemento, dominio e redución do estrés, que terá lugar o mércores 20 de abril na Casa das Asociacións de Cornes. Aínda quedan prazas.
CULTURA
Hindi Zahra, a nova voz da música global, presenta "Handmade" en Sons
O sábado 16 temos unha nova cita con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será a partir das 21:00 horas da man da nova voz da música global, Hindi Zahra, que presenta Handmade. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.