ALCALDÍA
Chaves felicita ao alcalde pola "magnífica xestión" dos recursos do Plan E na cidade
O vicepresidente terceiro do Goberno e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, realizou unha visita ao Concello. Con este motivo, fixo balance dos investimentos do Plan E na cidade e visitou algunhas das obras que foron posibles grazas a estes fondos.
MOBILIDADE
A consultora Epypsa sinala o teleférico como a opción máis económica, rápida e singular
Epypsa realizou un informe avalando a idoneidade do teleférico como modo de enlace de Santiago coa Cidade da Cultura. O representante desta consultora independente, experta en desenvolvemento sostible, José María Pérez Lozano, definiu o teleférico como a opción máis económica, rápida e singular. Esta foi a conclusión da mesa "Análise dos modos de transporte público", celebrada no marco das IV Xornadas de Transporte e Mobilidade.
SANIDADE
Dez cans do Refuxio de Animais realizarán a última etapa do Camiño de Santiago
Dez cans da Fundación Refuxio de Animais van realizar o vindeiro sábado, 12 de xuño, a derradeira etapa do Camiño de Santiago, dende o Refuxio de Bando ata a praza de Cervantes. O obxectivo desta peregrinación é promover a adopción de animais abandonados, así como informar sobre formas de colaboración coa Fundación.
TURISMO
"Santiago(é)Tapas" celebra o Ano Santo con moitas novidades e unha maior duración
Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago de Compostela, celebra o Ano Santo Compostelán 2010 ampliando a súa duración de 17 a 24 días. Deste xeito dáse tamén resposta a unha das demandas dos participantes no concurso na pasada edición, que nesta ocasión terán máis tempo para degustar as 109 tapas que ofertarán os 56 estabelecementos participantes.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
"Vive o verán" amplíase a xuño e setembro
As concelleiras de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, presentaron o programa de activiades ao aire libre Vive o verán, que acada este ano a súa terceira edición.