TURISMO
Santiago mantense no verán á cabeza do Estado no sector turístico, aínda que descenden as pernoctacións internacionais
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago, Xosé Manuel Iglesias, fixo unha primeira valoración dos resultados turísticos dos meses de xullo e agosto en Santiago. O concelleiro apuntou que a cidade ocupou nos meses de verán as primeiras posicións estatais no sector turístico, facendo referencia aos datos do INE e de OCUPATUR, un estudo elaborado polo Instituto de Estudios Turísticos, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, que analiza a porcentaxe de ocupación no mes de agosto.
ALCALDÍA
O alcalde amósase partidario da creación dun ente único que xestione os tres aeroportos galegos
O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, apostou, na súa rolda habitual dos venres, pola creación dun organismo único de xestión que se encargue dos tres aeroportos galegos e no que estén implicados o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, os concellos e a sociedade civil.
ALCALDÍA
O Concello acolle a representantes de Colexios Maiores de toda España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi, acompañado por membros da Corporación, os participantes nas XXXII Xornadas sobre Desenvolvemento de habilidades nos Colexios Maiores no marco do Plan Bolonia.