DEPORTES
VIII Camiñada ao Monte Pedroso
O domingo 4 de outubro celébrase a VIII Camiñada ao Monte Pedroso, organizada polo Club Deportivo Fontiñas. A saída será as 10:00 horas dende a praza do Obradoiro, onde os participantes deberá está ás 9:30 horas para formalizar a inscrición.
ALCALDÍA
Unhas mil persoas velarán cada día pola seguridade e atención dos visitantes durante o Xacobeo 2010
O Concello acolleu a reunión da Xunta Local de Seguridade na que se presentou o Plan Director de Seguridade do Xacobeo 2010. Entre outras medidas, acordouse a constitución dunha comisión de seguimento, con representantes das tres administracións e da Igrexa, integrada á súa vez por tres órganos que supervisarán o volume de efectivos dispoñibles e as necesidades de cada momento.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras da escola infantil da praza da Constitución
A Xunta de Goberno adxudicou as obras de reforma do edificio que albergará a nova Escola Infantil da praza da Constitución (Tras Parlamento) e as de reurbanización das calzadas de San Pedro e Santo Antonio. Entre outros asuntos, na sesión tamén se acordou incrementar en 59.000 euros as axudas de carácter social que outorga a Concellería de Benestar Social.
COMERCIO
Promoción Económica abre o prazo de inscrición na edición de outono de Escaparatismo
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo abriu o prazo de inscrición na edición de outono do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, que finaliza o 16 de outubro. Dirixido a todos os comercios de Santiago de Compostela, ten como obxectivo contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
EDUCACIÓN
Os pequenos da Escola Infantil de Conxo coñecen o proceso tradicional de elaboración do viño nunha festa da vendima
O inicio do novo curso escolar coincide coa primeira actividade educativa da Rede de Escolas Infantís do Concello de Santiago, coa que se dá a benvida á estación do outono. A Escola Infantil de Conxo acolle unha festa tradicional da vendima, na que os máis pequenos aprenden como se elaboraba antigamente o viño, experimentando o proceso de pisado das uvas e a degustación das mesmas.