FACENDA
A Conta Xeral do 2008 deixa un superávit de 4,8 millóns de euros
O resultado orzamentario do exercicio 2008 deixou un saldo positivo de 4,78 millóns de euros, unha vez axustado tras as correspondentes desviacións de financiamento, tanto positivas como negativas. Ademais, xerouse un remanente de tesourería postivo por importe de 693.777 euros.
ALCALDÍA
As Brañas de Sar albergarán no ano 2013 o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural do CSIC
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Rafael Rodrigo, asinaron un convenio para a construción nas Brañas do Sar do Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural do CSIC, un centro de referencia nacional no ámbito da investigación do patrimonio histórico e da paisaxe cultural.
BENESTAR SOCIAL
As expresións culturais dos colectivos inmigrantes da cidade fanse visibles no I Festival Folclórico Intercultural
Presentouse en rolda de prensa o I Festival Folclórico Intercultural Santiago de Compostela 2009, que terá lugar o domingo 27 de setembro no Paseo Central da Alameda. Coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña, as asociacións de inmigrantes da cidade organizan por primeira vez este evento, dirixido a facer visibles os colectivos inmigrantes e promover o encontro entre culturas.
CULTURA
"O Apóstolo" celebrará a súa estrea mundial no 2010 en Compostela
O filme de produción galega O Apóstolo, primeira película europea de animación en stop-motion que se estreará en estereoscópico, será presentada ao público mundial en Santiago o 17 de xullo do ano 2010. Días despois estrearase nas salas de cinema de todo o mundo. A data escollida para a súa presentación nos cinemas non é outra que o da festividade de Santiago do 2010. A Concellería de Cultura e máis a produtora da película ofreceron aos medios os detalles do evento.
PLENO
O Pleno insta á Xunta a manter a política de captación de liñas de baixo custo e de promoción turística da cidade
O Pleno municipal instou á xunta á Xunta de Galicia a manter o modelo de captación de liñas de baixo custe e de promoción turística da cidade. Na mesma sesión tamén se aprobaron os festivos locais para o ano 2010.
PLENO
Aprobado o reaxuste global do Urbana Santiago Norte
No Pleno municipal aprobouse o reaxuste global de accións e orzamento do proxecto Urbana Santiago Norte, co obxecto de adaptalo ao orzamento final concedido, inferior ao formulado na candidatura. O orzamento final é de 11.433.590 euros, dos que o FEDER achega 8.003.513 e o Concello 3.430.077.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Unha delegación de empresarios xaponeses e representantes do Camiño Xaponés dos 88 Templos visita o Concello
Con vistas a unha peregrinación que se fará no Ano 2010, unha delegación de empresarios e representantes do Camiño dos 88 Templos reuníronse co Concelleiro de Relacións Institucionais para organizar a visita do vindeiro ano.