ALCALDÍA
Santiago leva licenciadas 700 vivendas no que vai de ano
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosouse satisfeito co "excelente ritmo" da construción en Santiago. O ano pasado construíronse 1.138 vivendas e este ano serán entre 1000 e 1.200 as vivendas construídas, das cales 700 xa están licenciadas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Primeiro baile para os maiores na Casa das Asociacións
Este sábado, 3 de xulloo, a Casa das Asociacións, ubicada na antiga estación de tren de Cornes, acollerá o primeiro baile para os nosos maiores, que se repetirá o primeiro sábado de cada mes.
EDUCACIÓN
Máis de 120.000 euros para obras de mantemento nos colexios e nas escolas rurais do Concello
Unha Xunta de Goberno Local extraordinaria deu o visto bo ao inicio do expediente para a contratación de obras de mantemento nos colexios de educación primaria e infantil e nas escolas rurais ubicadas no Concello. Esta contratación farase por procedemento negociado sen publicidade e cun tipo máximo de licitación de 105.285,92 euros máis o 16% do IVE (16.845,75 euros).