NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Trinta rapaces combinarán a expresión en galego co coñecemento dunha granxa na segunda entrega de "AnimaLingua"
A Granxa Escola da Fervenza do Toxa, en Silleda, acollerá do 17 ao 26 de agosto a edición 2009 de AnimaLingua, actividade organizada pola Concellería de Normalización Lingüística. Ata 30 nenos e nenas de entre 8 e 11 anos poderán participar neste campamento de verán, co obxectivo de que se expresen en galego ao tempo que coñecen o funcionamento dunha granxa ou se inician nas tarefas propias dunha hora ou dun invernadoiro. As inscricións realizaranse do 15 ao 24 de xullo no Rexistro Xeral do Concello.
COMERCIO
Pecados de Compostela gaña a edición de verán do Concurso de Escaparatismo
Pecados de Compostela, Óptica Pontecastro e Sistemas de Seguridade A-1 obtiveron, respectivamente, o primeiro, segundo e terceiro premio da edición de verán do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping. O obxectivo deste certame é contribuír á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
ALCALDÍA
Moita música e obradoiros na apertura dunha nova edición de Ferradura Aberta
Un concerto da Banda Municipal de Música e outro de músicas do mundo a cargo do trío acústico Amecer deron inicio a Ferradura Aberta 2009. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tampouco quixo faltar a esta primeira xornada de actividades.
TURISMO
Unha tapa de papada de porco con cigaliña gaña o concurso "Santiago(é)Tapas"
A Papada de porco con cigaliña e limón do restaurante Tafona é a mellor tapa do 2009 en Santiago de Compostela, segundo o veredicto do xurado do II Concurso Santiago(é)Tapas, que pechou dúas semanas de intenso tapeo cunha gala de premios no Mercado de Abastos.