XUNTA DE GOBERNO
Festas destina máis de 120.000 euros ás festas do Antroido
A Xunta de Goberno local aprobou un orzamento de 120.498 euros para as festas do Antroido. Entre outros acordos, tamén se deu o visto bo a obras de reforma do alumeado público en Pontepedriña e a varios programas educativos e de centros socioculturais.
TRANSPORTE
Todas as solucións de mobilidade, a un clic na nova web de TUSSA
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, presentou o novo portal web da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, TUSSA. A páxina ofrece a un clic, en tempo real e dun xeito doado, todas as solucións de mobilidade na cidade.
EDUCACIÓN E SANIDADE
Charla sobre alimentación saudable e dieta atlántica no marco do programa Thao Saúde Infantil
O Concello, en colaboración coa Universidade de Santiago, organiza unha charla-informativa o mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19). A sesión, que sen enmarca nas actividades do programa Thao Saúde Infantil, versará sobre a alimentación saudable e a dieta atlántica.
CULTURA
Inaugúrase a mostra fotográfica "Retratos de auga", de Fuco Reyes
O Museo do Pobo Galego acolle unha mostra fotográfica de Fuco Reyes baixo o título Retratos de auga. A exposición, organizada pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, abrirase o mércores 4 de febreiro ás 20:00 horas.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello concede ao PP un prazo de dous días para legalizar os carteis da precampaña
O venres 30 de xaneiro, a policía municipal identificou a un empregado de SPI Rótulos e Servizos que se atopaba colocando carteis preelectorais do Partido Popular na Avenida de Lugo sen autorización. Os axentes indicáronlle que debía retiralos e posteriormente comprobouse a súa retirada.