ALCALDÍA
O alcalde demanda o mellor proxecto arquitectónico para a estación intermodal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo; o ministro de Fomento, José Blanco; o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), Antonio González Marín, asinaron en Raxoi o protocolo de colaboración para a remodelación da estación ferroviaria de Santiago de Compostela e a actuación urbanística na súa área de influencia.
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o procedemento de contratación da xestión da Escola Municipal de Música
Entre os acordos da Xunta de Goberno figura a apertura do proceso de contratación da xestión da Escola Municipal de Música. Tamén se deu o visto bo á segregación dunha parcela para un centro cívico en Santa Marta e ao réxime de utilización das instalacións deportivas municipais.
CULTURA
Sons da Diversidade abre a tempada co concerto de Ryuichi Sakamoto
A hibridación de música e tecnoloxía de Ryuichi Sakamoto abrirá o 13 de novembro no Auditorio de Galicia a tempada do ciclo Sons da Diversidade. Por primeira vez, a programación será continuada dende agora e ata xuño, cun concerto cada mes.
SANIDADE
O Concello de Santiago e FEBE premiarán aos mozos que practiquen o condutor alternativo
A Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), en colaboración co Concello, premiará a aqueles mozos que practiquen a figura do condutor alternativo durante a noite do xoves 5 de novembro en Santiago de Compostela. Esta actividade comeza cunha sesión informativa por parte dos monitores de FEBE sobre a importancia de elixir un condutor alternativo, aquel que non bebe para poder conducir, cada vez que saian de marcha. Aqueles mozos que demostren que non consumiron alcohol ao longo da noite serán premiados con diferentes regalos (camisetas,...
SANIDADE
Unha xuntanza interxeracional no parque de Bonaval promove os hábitos saudables e a convivencia
A Concellería de Sanidade e a Aula da Terceira Idade organizan para o mércores 4 de novembro, ás 11.00 horas, unha xuntanza interxeracional no parque de Bonaval. Está previsto que nela participen 50 maiores da Aula e preto de 80 rapaces dos centros escolares da cidade.
CULTURA
Filmes de Haneke, Won Kar Way e François Ozon na primeira xornada de Cineuropa
A primeira xornada de Cineuropa, o mércores 4 de novembro, ofrece a oportunidade de coñecer a moi esperada película coa cal Michael Haneke gañou a Palma de Ouro en Cannes: A cinta branca. A proxección do filme, que inaugurará o Festival, organizado pola concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, estará precedida por un pequeno acto que presentará a actriz Marta Pazos. As entradas para este pase serán de balde e poden recollerse a partires das 15:00 horas na billeteira do Principal cun máximo de 2...
ALCALDÍA
O alcalde falou dos cambios catastrais coa Federación de Asociacións do Rural
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse cos representantes da Federación de Asociacións do Rural (Ferusa). Na xuntanza falouse dos resultados da última revisión catastral e do conseguinte incremento do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), derivado do incremento de valor de moitos destes.