BENESTAR SOCIAL
Xuntanza para avaliar o traballo comunitario en Fontiñas
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro co equipo de traballo sociocomunitario deste barrio.
COMERCIO
Un novo plan axudará aos comercios a mellorar a súa competitividade
O Plan de mellora para os comercios en activo axudará aos comercios de Santiago de Compostela no proceso de innovación, modernización, xestión e promoción coa finalidade de incrementar aínda máis a súa competitividade. Esta iniciativa, que conta cun orzamento de 50.000 euros para o desenvolvemento das dúas fases nas que se divide, enmárcase no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán, cofinanciado pola Deputación de A Coruña, e que ten como fin impulsar e fortalecer o comercio da cidade.
ALCALDÍA
Visita institucional ao Concello da nova cónsul xeral de Venezuela
A recentemente nomeada como cónsul xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo, Mónica Chacín Fuenmayor, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello, onde a recibiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Concello e empresarios do Tambre fixan un plan de etapas para a adaptación das empresas á normativa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá co presidente da Asociación da Área Empresarial do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, e coa súa directiva, que estivo acompañada no encontro polo arquitecto Pablo Costa e o seu equipo.
CULTURA
Teo Manuel Abad presenta no festival Cineuropa o primeiro filme sobre o mundo do sexo en Galicia
Cineuropa continúa amosando a súa condición de xanela aberta ao audiovisual galego e suma unha nova estrea. O martes 24, ás 20:15 horas no Teatro Principal, poderá verse Sexo. Entre o ceo e a terra, unha longametraxe documental de Teo Manuel Abad producida por Formateo e Productora Faro. Trátase do primeiro filme que se achega ao mundo do sexo en Galicia, e faino coa intención de detectar os seus trazos diferenciadores a través dun amplo abano de voces.
ALCALDÍA
Xuíces e xornalistas debaten en Santiago sobre as relacións entre a Xustiza e os medios de comunicación
Preto de 100 xuíces e xornalistas participan no Hotel Monumento San Francisco, do 23 ao 25 de novembro, nas VI Xornadas Nacionais de Comunicación e Xustiza, organizadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
TURISMO
Santiago supera o millón de pernotacións nos dez primeiros meses de 2009
Santiago de Compostela sumou nos dez primeiros meses do ano 2009 un total de 1.058.289 pernotacións, segundo os datos feitos públicos hoxe polo INE. Santiago é a única cidade pertencente aos grupos das Cidades Patrimonio e da España Verde, compostos polos destinos comparables á nosa cidade, que supera o millón de pernotacións entre xaneiro e outubro. Tras Santiago veñen Bilbao, con 944.050, Córdoba, con 900.425, e Salamanca, con 817.111.
SANIDADE
O Padroado da Fundación do Refuxio de Animais aproba un orzamento de 315.000 euros para 2009
O Padroado da Fundación do Refuxio de Animais aprobou o seu orzamento para o 2010, que ascende a 315.000 euros. Na sesión, presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tamén se aprobou, entro outros asuntos, a realización dunha campaña de adopción e a sinatura dun convenio co Colexio de Veterinarios para o control dos microchips.