ALCALDÍA
A primeira película europea de animación en stop-motion para 3D ródase en Santiago
O filme de produción galega O Apóstolo, primeira película europea de animación en stop-motion que se estreará en estereoscópico, será presentada ao público mundial en Santiago o 17 de xullo do ano 2010. Días despois estrearase nas salas de cine de todo o mundo.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que o reparto de fondos para as liñas de baixo custo non respecta a diferenza relativa entre os aeroportos
Para o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o reparto de fondos para as liñas de baixo custo anunciado pola Xunta "é un reparto igualitario, pero non respecta a diferenza relativa que existe entre cada un dos aeroportos". Con todo, considerou "moi positivo que a Comunidade Autónoma se implique neste tema".
INFRAESTRUTURAS E CIRCULACIÓN VIARIA
Un carril de subida e outro de baixada no tramo do Hórreo entre Fernando III O Santo e a glorieta ata o final das obras
A partir do luns 16 de novembro e ata o final da obra do túnel do Hórreo, o tramo entre Fernando III O Santo e a rotonda quedará reducido definitivamente a un carril por cada sentido. Ademais, dende o luns 23 de novembro, o vieiro Antón Fraguas quedará cun carril por sentido e Romero Donallo terá unicamente un carril de subida, abrindo en sentido baixada un carril directo a Antón Fraguas.
CULTURA
Oliver Laxe, segundo cineasta convidado no ciclo "Emerxentes" de Cineuropa
Oliver Laxe é a segunda figura homenaxeada no marco da sección Emerxentes, co que Cineuropa quere axudar espallar a obra de catro nomes sobranceiros no actual cinema galego. Ás 20:00 horas do venres 13 proxectaranse no Teatro Principal catro filmes asinados polo cineasta coruñés, entre eles unha versión provisional da que será a súa primeira longametraxe. O propio Laxe fará unha introdución á súa obra e, tras as proxeccións, manterá un coloquio co público presente.