MEDIO AMBIENTE
A rehabilitación dos depósitos da Almáciga estará concluída antes de finais de ano
Os depósitos de auga da Almáciga son memoria viva dunha das máis importantes transformación urbana da cidade de Santiago, que agora están a ser rehabilitados dentro do marco dos fondos FIL. A concelleira do Medio Ambiente de Santiago, Elvira Cienfuegos, realizou unha visita ás obras acompañada de varios técnicos de Aquagest, empresa concesionaria do subministro de auga en Compostela e encargada tamén destas melloras.
ALCALDÍA
Santiago e Irlanda estreitan lazos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi, o embaixador de Irlanda en España, Justin Harman, nunha visita de carácter institucional.
CULTURA
A Fundación Rosalía de Castro recibirá a axuda do Concello
Socorro García Conde, concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, e Helena Villar, presidenta da Fundación Rosalía de Castro, asinaron na Casa do Concello un convenio de colaboración cultural. Ambas as dúas mulleres mostraron a súa satisfacción pola continuidade da colaboración entre as entidades. O documento inclúe unha axuda económica de 7.000 euros para a realización de actividades.