ALCALDÍA
James Lovelock, Premio Fonseca 2009, visitou o Concello
James Lovelock (Hertfordshire, 1919), pioneiro no desenvolvemento da conciencia medioambiental no mundo, visita o martes 6 de outubro Compostela para recoller o Premio Fonseca de comunicación da ciencia 2009, convocado pola Universidade compostelá e o Consorcio de Santiago. Na súa primeira edición o premio recaera en Stephen Hawking.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a reurbanización das rúas Raxoi, Trindade, San Clemente e Cruceiro do Gaio
Entre os acordos da Xunta de Goberno do 6 de outubro figuran os pregos de cláusulas e o inicio do proceso de contratación de varias obras no ámbito da cidade histórica comprendidas no chamado convenio de espazos públicos, asinado no seu día coa entón Consellería de Vivenda. As seis obras supoñen un investimento total de 2.288.355 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Nova rúas Xoán Paulo II, Manuel Beiras, María Miramontes, Voces Ceibes, Vicente Risco e Victoria Kent
A proposta da Alcaldía, a Xunta de Goberno acordou nomear como avenida de Xoán Paulo II a rúa comprendida entre a avenida do Camiño Francés e a avenida de Asturias. Nesta mesma zona haberá outras dúas rúas con nova denominación: Vicente Risco e Victoria Kent. Tamén se lles dá o nome de rúas Manuel Beiras, María Miramontes e Voces Ceibes a tres vieiros en Cornes.
CIDADE HISTÓRICA
O programa Compostela Medieval achegará a historia de Santiago aos máis pequenos
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, presentou o novo programa Compostela Medieval, que busca achegar a veciñanza á historia da cidade. Está dirixido ao alumnado do terceiro ciclo de primaria e consiste nun conxunto de actividades encamiñadas a que os nenos e as nenas participantes "visualicen" Compostela como a máis antiga das cidades medievais de Galicia, mesmo de Europa, destino de peregrinos, comerciantes e artesáns das máis diversas procedencias.
CULTURA
Curtocircuíto 2009 proxectará 223 curtas
O sábado 10 de outubro comeza unha nova edición do Festival Internacional de Curtas de Santiago de Compostela Curtocircuíto. Durante oito días, o Festival proxectará 223 Curtas entre o CGAC e o Teatro Principal.
CONSORCIO
Comezan as obras da nova sede do Museo de Historia Natural "Luís Iglesias"
Coa construción do edificio que albergará os fondos do Museo de Historia Natural Luis Iglesias, o Consorcio de Santiago contará cun novo edificio emblemático, asumindo a construción, execución e financiamento das novas instalacións. O conxunto do proxecto suporá unha inversión total de 3.909.280 euros. Pola súa parte será a propia Universidade a que xestionará o Museo, financiando o proxecto encargado ao arquitecto César Portela.