ALCALDÍA
O Concello colabora coa Asociación de Persoas Xordas no servizo de interpretación da linguaxe de signos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración co vicepresidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, José Antonio Pais Freire. En virtude deste convenio, a entidade municipal aporta 8.500 euros para o servizo de intérprete de linguaxe de signos.
EDUCACIÓN
Os rapaces composteláns coñecerán a maxia da robótica nunha nova edición da Semana da Ciencia
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia do 9 ao 14 de novembro, a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) e a Concellería de Educación do Concello de Santiago organizan a actividade "A maxia da robótica", que terá lugar na Casa das Asociacións, sita na antiga estación de Cornes. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa as actividades que se realizarán.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Concellaría de Promoción Económica presenta un boletín de ofertas de emprego que se distribuirá de balde entre a cidadanía
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o primeiro número do Boletín de ofertas de emprego Máiscompostela. Esta publicación gratuíta, que ten unha tirada inicial de 1.000 exemplares, contén, nas súas oito páxinas, unha media de 170 ofertas.
MEDIO AMBIENTE
Un estudo multidisplinar será a base para realizar o Plan director dos ríos de Compostela
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel de Santiago, Elvira Cienfuegos, presentou o inicio do estudo para a redacción dun plan director dos ríos de Compostela. Segundo explicou a edil o proxecto está financiado pola Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia, a través do programa operativo europeo Adaptabilidade e emprego. Na presentación estivo acompañada por dous dos membros da equipa que desenvolverán os traballos, o biólogo Asier Rodríguez Larrinaga e o xeógrafo Javier Asorey.
XUVENTUDE
Dous grupos premiados no segundo certame de MúsicaXove actuarán este sábado na Sala Capitol
Este sábado 17 de outubro terá lugar na Sala Capitol un concerto no que actuarán dous grupos premiados no 2º Certame MUSICAXOVE’09, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Santiago, dirixida por Xosé Baqueiro. Os composteláns Frab Fly e Agoraphobia, de Boiro, acompañarán no escenario ao grupo The Right Ons. Será a partir das 21,30 h.