SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local poñerá en marcha unha campaña de control de alcoholemia a partir do 8 de decembro
A concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, acompañada polo xefe da Policía Local de Santiago, Norberto Villaverde, anunciou a posta en marcha desta campaña no mes decembro. Así mesmo, presentaron nesta rolda os resultados acadados na campaña de control do teléfono móbil, que se saldou con 45 persoas denunciadas por facer un uso indebido do mesmo ao volante.
CULTURA
Producións Teatrais Excéntricas pon en escena 'Obra (No Comment)' no Teatro Principal
Este mediodía, na Casa do Concello, presentouse a peza teatral 'Obra (No Comment)', que a compañía Producións Teatrais Excéntricas vai levar a escena no Teatro Principal os dias 5 e 6 de decembro ás 21:00 horas, nun espectáculo promovido pola concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e a Rede Galega de Teatros e Auditorios do AGADIC.
FESTAS
As rúas da cidade xa brillan neste Nadal
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, puxo en funcionamento o alumeado preparado por Raxoi para estas datas. En total, máis de cuarenta rúas e oito prazas lucirán durante este mes un decorado especial, no que o Concello investiu 165.000 euros. No acto tamén estiveron presentes os responsables das empresas encargadas da decoración (Blachere, no Casco Histórico, e Iluminacións Santiaguesas, no Ensanche).
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a restauración da antiga Calzada Real de Sar cun orzamento de 800.000 euros
Trala modificación do proxecto, elaborada pola Oficina técnica do Consorcio, dacordo coa proposta de actuación da
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, arranca definitivamente o proceso para o inicio da execución das obras.
MERCADOS
Mercagalicia pecha o exercicio de 2008 segundo o previsto
O concelleiro de Transportes e Mercados, Carlos Nieves, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia, que tivo lugar na sede desta entidade, no Polígono do Tambre. Nesta sesión deuse conta da marcha da planificación realizada a principios de ano.
ALCALDÍA
Compostela acollerá no Ano Santo un encontro de Santiagos de todo o mundo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou hoxe, venres 5, xunto co alcalde de Santiago de los Caballeros, José Enrique Sued, a primeira xornada do I Encontro de Santiagos de América e Europa, preparatoria para unha gran reunión de cidades denominadas Santiago no último fin de semana de setembro de 2010.