ALCALDÍA
Santiago adhírese ao programa Thao Saúde Infantil
Santiago será a primeira cidade galega que poña en marcha o programa Thao Saúde Infantil. Esta iniciativa ten como obxectivo a prevención da obesidade nos máis novos.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello celebra co barrio das Fontiñas o recoñecemento á súa integración
Baixo o lema "As Fontiñas, un barrio a imitar", o Concello de Santiago organiza un acto lúdico para celebrar a recente concesión do premio europeo de arquitectura Philippe Rothier 2008 ao deseño urbano deste barrio.
CULTURA
"Nadal Cultural" ofrece maxia, teatro, obradoiros, música e cinema para todas as idades
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Elvira Cienfuegos, presentou o programa Nadal Cultural, que encherá a cidade de actividades lúdicas e culturais para toda a familia. A programación iniciouse o 12 de decembro e prolongarase ata o 5 de xaneiro de 2009.
ALCALDÍA
O Premio Nobel de Química en 2001, Karl Barry Sharpless, no Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao Premio Nobel de Química en 2001, Karl Barry Sharpless, que asinou no Libro de Honra da Cidade. O científico está en Santiago para participar no programa ConCiencia, organizado pola USC en colaboración co Consorcio e a Fundación Caixa Galicia.
EDUCACIÓN
"Troularte" leva obradoiros e xogos ás escolas rurais
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou unha nova edición de Troularte, o plan de dinamización das escolas rurais de Compostela. Desenvolverase durante o que queda de curso, ata o mes de maio.
ALCALDÍA
Recoñecemento aos traballadores das empresas de servizos municipais
Un día despois da recepción aos traballadores xubilados en 2008, vez para os integrantes das empresas de servizos municipais. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, agradeceulles o seu traballo ao longo do ano que remata.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo expresa os mellores desexos para os composteláns en 2009
Como cada ano por estas datas, a Casa do Concello acolleu a tradicional recepción cidadá do Nadal. Á cita acudiron, ademais da Corporación, persoas dos distintos sectores da sociedade compostelá.