ALCALDÍA
Santiago recibe o primeiro premio ARQAno de Arquitectura
Os Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España concederon o premio ARQAno de Arquitectura ao Concello de Santiago de Compostela, pola súa continua e atenta xestión urbanística.
ALCALDÍA
Listo o proxecto técnico do terceiro carril do Periférico
O Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento xa ten listo o proxecto do que será o terceiro carril do Periférico. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen se felicitou porque tamén saia adiante o cuarta das infraestruturas previstas no convenio asinado con Fomento en 2005.
CENSO
Ábrese o prazo para consultar as listas do censo
As listas do censo estarán expostas ao público dende o día 21 ao 28 de xaneiro. Os cidadáns deben consultar a súa situación no censo electoral, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.
CULTURA
Ditea representa no Principal a derradeira función de "Melocotón en xarope"
O grupo de teatro afeccionado máis antigo de Galicia despide a montaxe coa que leva dous anos e medio de xira e máis de trinta funcións. O pano do Teatro Principal poralle o punto final a Melocotón en xarope, a tradución da obra de Miguel Mihura coa que Ditea celebra o seu cincuentenario. Será o sábado 19 ás 21:00 horas.
ALCALDÍA
Melilla propón irmandarse con Santiago
Aproveitando a súa presenza en Santiago con motivo do irmandamento entre os colexios da avogados de Santiago e Melilla, o vicepresidente da Cidade Autónoma de Melilla, Abdelmaik El Barkani, propúxolle ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o irmandamento entre as dúas cidades.
BENESTAR SOCIAL
A UMAD recibiu o premio dos avogados composteláns en recoñecemento ao seu traballo social
A Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente recibiu a medalla de ouro do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. O galardón distinguiu á UMAD polo seu traballo no campo da rehabilitación e atención a persoas con problemas derivados do uso, o abuso e a dependencia das drogas.
TURISMO
A cociñeira Carme Ruscalleda inaugurará o Fórum Gastronómico Santiago’08
A sesión inaugural do Fórum Gastronómico Santiago’08 contará coa participación da prestixiosa cociñeira Carme Ruscalleda. Responsable do restaurante Sant Pau en Sant Pol de Mar (Barcelona), Ruscalleda protagonizou unha fulgurante carreira ao longo dos últimos vinte anos que a levou a obter tres estrelas Michelin polo seu establecemento catalán e dous polo seu restaurante de Tokio.