URBANISMO
Máis de 17 millóns de euros para a urbanización dos novos polígonos industriais de Formarís e da Costa Vella
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) investirá máis de 17 millóns de euros na urbanización dos máis de 400.000 metros cadrados de solo industrial dos polígonos 37.3 (Costa Vella) e 38 (Formarís). A Xunta de Goberno local aprobou estes proxectos de urbanización, presentados xa polo alcalde. Este investimento inclúe tamén a construción dunha rotonda de paso elevado.
TURISMO
Francisco Candela: "As expectativas turísticas desta Semana Santa superáronse amplamente"
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, valorou "moi positivamente" os resultados turísticos da Semana Santa en Compostela. "As expectativas de Turismo de Santiago superáronse amplamente", indicou sobre un período no que acompañou o bo tempo.
MOCIDADE
Os novos grupos musicais de Santiago amosan o seu traballo
A Concellaría de Educación e Mocidade organiza un ciclo de concertos no que os protagonistas serán os novos grupos que ensaian nos locais municipais de música. As actuacións terán lugar os días 13 e 27 de abril e o 5 e o 11 de maio. A entrada é de balde.
INFRAESTRUTURAS
Obras en Moas de Arriba (Figueiras)
O Goberno local adxudicou as obras de acondicionamento dos terreos públicos do lugar de Moas de Arriba, na parroquia de Figueiras. Esta actuación suporá un investimento de 59.000 euros.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Asignadas 40 viaxes culturais por Galicia para as entidades veciñais
A Xunta de Goberno local aprobou o calendario de viaxes da convocatoria "Coñecendo o País". Esta iniciativa, á que se destinan 24.000 euros, permitirá ás entidades veciñais a realización dun total de 40 viaxes culturais por Galicia.
ALCALDÍA
Padrón celebrou o Día de Santiago
As festas de Pascua de Padrón renderon homenaxe un ano máis a Santiago, co día dedicado á nosa cidade. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e a Corporación compostelá foron recibidos na Casa do Concello desta vila e viviron por unhas horas estas tradicionais celebracións xunto con padroneses e visitantes.
CULTURA
A Semana da Maxia traerá a Santiago aos mellores magos do panorama internacional
Maxia, que traerá á nosa cidade aos mellores magos do panorama internacional. Un total de 66 espectáculos repartiranse ao longo destes días en diversos espazos de Santiago como centros de ensino, hospitais, rúas da cidade, ademais do Teatro Principal e o Auditorio de Galicia.