PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os compradores no comercio compostelán poderán dispor dun servizo de coidado de nenos
A Concellería de Promoción Económica, en colaboración coa Fundación Santiago Centro Área Comercial e o Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, pon en marcha un servizo de coidado de nenos en horario comercial. O servizo está dirixido a rapaces de idades comprendidas entre tres e dez anos e estará dispoñible durante os sábados dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Tamén haberá unha campaña intensiva no Nadal, en horario de mañá e tarde.
CULTURA
A irlandesa Tara abre a súa xira española no Teatro Principal
A Concellaría de Cultura de Santiago e Cadena 100 presentan en concerto á cantante internacional Tara Blaise. Será o luns, 3 de xullo, no Teatro Principal ás 21.00 horas e as entradas, gratuítas, pódense recoller nas instalacións de Cadena 100 en Compostela.
CULTURA
GS21 presenta Isolma no Auditorio de Galicia
Trinta profesionais poñen en escena un espectáculo de música e baile de raíz que conxuga os recursos da tradición galega con outras formas de expresión musicada e danzada. Será na estrea do primeiro espectáculo de GS21, Isolma, o venres 30 de xuño, ás 21.00 horas, na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.
HOMENAXE
Compostela homenaxea ás vítimas dos atropelos en Pontepedriña
Nos anos 70, o antigo vieiro á Estrada, no contorno do grupo de vivendas Quiroga Palacios, en Pontepedriña foi escenario dunha triste marca de atropelos. Dezaoito persoas faleceron ao intentar cruzar a rúa entre 1973 e 1978. O vindeiro sábado 1 de xullo, a asociación Sandra Prego réndelle homenaxe a estas vítimas nun acto no que se descubrirá unha placa na súa honra na Praza de León.
REHABILITACIÓN
O Consorcio subvencionará o mantemento de fiestras e galerías de madeira
O Consorcio e o Concello de Santiago lanzan un innovador programa de axudas para subvencionar o mantemento da envolvente exterior do edificio e as fiestras e galerías de madeira da Cidade Histórica.