EDUCACIÓN
Premios para os novos valores da literatura galega
Os máis novos escritores galegos recibiron os premios do XI Concurso Literario Ánxel Casal, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia. Ante profesores e compañeiros de instituto, as gañadoras –todas eran mulleres- recolleron os galardóns cos que se premiaban as mellores obras nas modalidades de poesía, conto e teatro.
TURISMO
As rúas da cidade convértense unha vez máis en plató de cine
As rúas da zona nova de Compostela serán escenario do 21 ao 25 de xuño da rodaxe de "Bechos raros", o guión gañador da III edición de Compostela Plató, dentro do Festival Internacional de Curtametraxes "Curtocircuíto´06". Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, as súas autoras, xa están en Santiago para preparar e facer realidade unha historia que foi seleccionada entre 143 guións procedentes de toda a xeografía española.
MEDIO AMBIENTE
Compostela, contra o cambio climático
"Ti controlas o cambio climático" é o título da campaña de sensibilización que vén de por en marcha a Comisión Europea e á que se uniu o Concello de Santiago de Compostela. Ata o 10 de xuño, os paneis informativos da cidade amosarán os lemas desta iniciativa, que propoñen aos cidadáns o reto de introducir pequenos cambios nos seus hábitos diarios, para conseguir unha redución substancial das emisións de gases de efecto invernadoiro.