URBANISMO
A concelleira de Urbanismo recorda aos cidadáns a existencia dunha tramitación áxil para a apertura de actividades
A concelleira de Urbanismo, Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, compareceu en rolda de prensa para recordarlle aos cidadáns que dende hai meses está en vigor unha nova ordenanza de tramitación de actividades. Esta norma exime do trámite de licenza a determinados establecementos, substituíndoa por unha comunicación previa ou declaración responsable.
XUNTA DE GOBERNO
Resolta a convocatoria de bolsas de comedor escolar para o curso 2011/2012
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, resolveu a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para os centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil e primaria para o curso 2011/2012.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Xornadas sobre micoloxía e actividades en torno ao tren nos centros socioculturais
O Centros Sociocultural da Rocha acolle neste mes de outubro unha exposición, complementada cunha conferencia sobre o ferrocarril. Tamén neste mes, os días 21 e 22, o Centro Sociocultural de Conxo e a Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo organizan unhas Xornadas Micolóxicas.
ALCALDÍA
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España aproba o convenio de colaboración co Ministerio de Cultura
O alcalde compostelán e presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, Xerardo Conde Roa, presidiu en Segovia a sesión extraordinaria da Asemblea deste organismo. Na orde do día figuraba a aprobación do Convenio Marco de Colaboración co Ministerio de Cultura.
BALANCE
O Goberno local fai balance dos cen primeiros días dunha xestión marcada pola "austeridade e o control do gasto"
Superados os 100 días de xestión do novo Goberno local, a concelleira Paula Prado fixo balance das medidas adoptadas neste tempo. Á marxe destas, insistiu nos principios "austeridade e control do gasto" que marcarán esta lexislatura.
TRÁFICO
O Concello propón a Fomento cambios na sinalización para mellorar a fluidez da saída da autopista AP-9 en San Lázaro
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez Aldrei, amosou a súa satisfacción polos resultados das medidas provisionais postas en marcha na rotonda de Conxo para mellorar a mobilidade. Ademais, anunciou novas medidas para mellorar a fluidez do tráfico no Ensanche e na saída da autopista AP-9 por San Lázaro.
CULTURA
Producións Teatrais Excéntricas estrea "Oeste solitario" no Teatro Principal
Producións Teatrais Excéntricas estrea nova obra e faino no Teatro Principal o luns 10 de outubro. Será Oeste solitario, peza do irlandés Martin MacDonagh, autor tamén do último traballo da compañía, Un cranio furado.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago constitúe a comisión para a posta en marcha do Plan de Infraestruturas da Cidade Histórica
Quedou constituída no Consorcio de Santiago a Comisión de Infraestruturas Básicas da Cidade Histórica de Santiago, froito da encomenda que dende o Concello se realizou ao Consorcio no mes de marzo, e que foi aceptada polo ente interadministrativo no Consello de Administración do 24 de xullo. O Plan de Infraestruturas está incluído na programación plurianual do Consorcio de Santiago para os anos 2011-2014.
INFRAESTRUTURAS
O Concello rexenerará o vertedoiro de Aríns e esixirá responsabilidades
Unha vez executado o peche definitivo do vertedoiro de Aríns, a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, explicou en rolda de prensa as irregularidades administrativas e medioambientais que afectaban a este espazo. O Concello vai rexenerar esta parcela, pero tamén demandar responsabilidades polos danos causados nos anos que permaneceu en situación irregular.
CULTURA
"Soños de Chequia" traerá a Compostela en novembro o mellor da cultura checa
A República Checa será a protagonista do fin de semana do 4 ao 6 de novembro en Compostela. O programa Soños de Chequia traerá o mellor da cultura checa á nosa cidade a través de concertos, jam sessions, cata de produtos, cinema e exposicións.