MEDIO AMBIENTE
A alta demanda existente consolida o programa "Vive a Primavera!" con novas visitas guiadas aos parques da cidade
A Concellaría do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel abre o prazo para inscribirse na cuarta edición do programa de divulgación e de educación ambiental Vive a Primavera!, que ten como obxectivo poñer en valor os espazos naturais de Compostela.
CULTURA
Teatro Lliure Gràcia presenta "A gata sobre o tellado de zinc quente" no Teatro en Xira
Teatro Lliure Gràcia chega o mércores 6 a Compostela para representar A gata sobre o tellado de zinc quente dentro do ciclo Teatro en Xira, que trae o mellor teatro que está a xirar pola Península. Teatro comercial de calidade, teatro clásico e tamén producións máis arriscadas neste ciclo que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e que incluirá seis espectáculos. Así, A gata sobre o tellado de zinc quente poderá verse no Teatro Principal a partir das 21.00 horas.
EDUCACIÓN
"Do berce á lúa" achega a literatura aos máis pequenos e ás súas familias
Coincidindo coa celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil e no marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura o Departamento de Educación do Concello de Santiago en colaboración coa Editorial Kalandraka, desenvolveu na Galería Sargadelos a proposta educativa Do Berce á lúa: sesión de contos para bebés, dirixida a todas as familias de Compostela. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, non quixo faltar á cita.
EDUCACIÓN
Continúan as actividades da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón Ferreiro, participou no obradoiro Familia de Cores, que se desenvolveu na Escola Infantil Trasparlamento, no marco da XI Campaña Municipal de Animación á Lectura.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"A Memoria Silenciada. Conxo e Compostela" homenaxea aos composteláns que sufriron a represión franquista
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o técnico da Rede de Centros Socioculturais Xulio Noia presentaron o ciclo A memoria silenciada. Conxo e Compostela, un programa co que a Concellaría pretende dar voz aos composteláns e compostelás que sufriron represión. Celébrase durante o mes de abril no CSC de Conxo.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que os catro plans especiais xa aprobados co novo PXOM reflicten as prioridades do Goberno municipal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse na súa rolda de prensa semanal á aprobación definitiva no Pleno do Plan Especial das Brañas do Sar. Este é o cuarto programa de desenvolvemento ratificado dende a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Agarda que "en 2015 todos poidamos disfrutar deste gran parque que unirá Pontepedriña con Fontiñas, con 492.000 metros cadrados, un luxo para calquera cidade".
BENESTAR SOCIAL
Mar Martín encarga ao secretario municipal un informe para aclarar se a directora da UMAD incorreu nalgunha incompatibilidade
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, compareceu en rolda de prensa para anunciar a solicitude dun informe ao secretario municipal que aclare se a directora da UMAD, Pilar Bermejo, incorreu nalgún tipo de incompatibilidade ou irregularidade en relación á adxudicación de determinados programas da Unidade á asociación Chisem. Unha vez coñecido o informe, dixo, o Concello adoptará a decisión que proceda.