RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Compostela, punto de encontro internacional para o debate sobre a lingua española
Os participantes no VIII Congreso Internacional da Historia da Lingua Española foron recibidos en Raxoi polo concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e parte da Corporación. Este acto forma parte do programa deste prestixioso encontro, que se celebra na cidade do 14 ao 18 de setembro.
CULTURA
Ampliado unha semana o prazo de participación no Concurso de Guións "Compostela Plató"
O Concurso de Guións Compostela Plató amplía unha semana, ata o 22 de setembro, o seu prazo de participación. A organización do festival Curtocircuíto decidiu esta ampliación para tentar equiparar o prazo de envío cos de edicións pasadas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese o prazo de matrícula nos obradoiros da Rede de Centros Socioculturais para o último trimestre de 2009
Logo das actividades específicas do verán, a Rede de Centros Socioculturais retoma as actividades habituais no último trimestre do ano. O martes 15 de setembro ábrese o prazo de matrícula nos distintos obradoiros e cursos que ofrece a Rede, aínda que dependendo da actividade o prazo será diferente, polo que se recomenda aos interesados que o consulten no CSC do seu barrio ou parroquia.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a boa marcha da preparación do Xacobeo e anuncia que o 30 de setembro estará preparado o plan de seguridade do Ano Santo
O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, refereriuse na súa comparecencia semanal ante os medios de comunicación, á boa marcha coa que está avanzando a programación e a preparación do Ano Santo de 2010. De feito, o vindeiro día 30 de setembro xa estará listo o plan de seguridade, de tráfico e de reforzo de limpeza.
MEDIO AMBIENTE
20 parques de Compostela contarán desde hoxe con paneis informativos para que a cidadanía os coñeza máis e mellor
Esta mañá a concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel de Santiago, Elvira Cienfuegos, presentou os paneis informativos que a partires de hoxe haberá en 20 Espazos Verdes Urbanos de Compostela. A presentación fíxose no Parque de Ponte Mantible onde o panel xa estaba instalado e onde se puido apreciar unha mostra dos outros 19.
CONSORCIO
Xa se poden solicitar as axudas ao mantemento de edificos da cidade histórica de Santiago
Están dirixidas a edificios que conten cun estado de conservación aceptable, sobre os que se actuará con traballos de mantemento en cubertas, fachadas, carpintarías de madeira e elementos comúns interiores durante 12 anos.O prazo estará aberto ata o 12 de novembro de 2009
EDUCACIÓN
O curso escolar comeza en Santiago con total normalidade e máis de 3.600 nenos matriculados
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou, con motivo do inicio das clases algúns dos colexios do concello compostelán. Neste curso 2009-2010 son 3.641 os rapaces e rapazas matriculados nos 14 centros de educación infantil e primaria de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
A concelleira de Benestar Social recibe un grupo de afectados de Paraparesia que chegaron a Santiago peregrinando desde Pamplona
Mar Martín, edila de Benestar Social e Igualdade do Concello compostelán, recibiu na Praza do Obradoiro os membros da Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar que finalizaron hoxe o camiño de Santiago tras unha travesía de 11 días.
ALCALDÍA
O Consello Económico e Social celebra unha reunión monográfica sobre a situación do aeroporto de Lavacolla
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside hoxe no Auditorio de Galicia unha sesión especial do Consello Económico e Social, na que se falará exclusivamente do aerodrómo compostelán de Lavacolla e o estado das negociacións coas compañías low cost.
CULTURA
Florian Boesch e Roger Vignoles inauguran o décimo aniversario do Ciclo de Lied no Teatro Principal
O venres 11 de xullo ás 21.00 h celébrase no Teatro Principal o concerto inaugural da X edición do Ciclo de Lied organizado pola Concellaría de Cultura, que dirixe Socorro García Conde, e a Asociación Galega de Lírica Teresa Berganza, coa colaboración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.