MERCADOS
A sinatura do convenio con Vivenda permitirá por en marcha definitivamente a reforma da Praza de Abastos
O Concello remitiu xa ao Ministerio de Vivenda as pequenas modificacións propostas para o convenio que permitirá acometer a reforma da Praza de Abastos. No texto remitido polo departamento de María Antonia Trujillo dáse solución ao problema derivado do financiamento a tres bandas da operación: Concello, Ministerio e Xunta de Galicia.
BENESTAR SOCIAL
Santiago recibirá o 7 de marzo o premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal
O 7 de marzo, ás 13:00 horas, no Palacio da Zarzuela, Compostela recibirá premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal 2006, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. O premio recoñece o labor de Santiago na eliminación de barreiras arquitectónicas e virtuais que dificultan a vida diaria das persoas con discapacidade.
MOCIDADE
Novo curso de formación en curtametraxes no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche
a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, inaugurará o sábado 20 de xaneiro, ás 12 horas un curso de curtametraxes para mozos e mozas no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.
ALCALDÍA
Santiago e Ourense miran ao futuro
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao candidato socialista á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez. Ámbolos falaron de temas de actualidade que afectan ás dúas cidades e de colaboracións para o futuro.
ALCALDÍA
O Colexio de Avogados de Santiago entregou as súas medallas de ouro
O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu a entrega das medallas de ouro do Colexio de Avogados de Santiago, nun acto ao que, entre outros, asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Nesta ocasión, as medallas de ouro e brillantes foron para Juan Bautista Gerpe Castro e Jesús Palmou Lorenzo. Tamén a recibiu Jesús Bernardo Sánchez Fernández, en recoñecemento aos corenta anos de exercicio profesional na avogacía.
EDUCACIÓN
Ilustradores e escritores ofrecen a súa visión da natureza no Ensanche
"Plantando libros" é o título dunha nova exposición que vén de abrir no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche. Recolle orixinais de membros da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) acompañados por textos de diversos autores. Estará aberta ata o 17 de febreiro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Aberto ata o 22 de xaneiro o prazo para inscribirse nunha nova fase de Equal Compostela Social
Xa está en marcha a cuarta fase do Proxecto Equal Compostela Social. O 22 de xaneiro finaliza o prazo de inscrición no curso de Xestión Empresarial, co que comezan as actividades formativas do programa dirixido a colectivos de difícil inserción laboral, como mulleres, mozos, inmigrantes, emigrantes retornados, desempregados de longa duración que desexen crear a súa propia empresa.
CULTURA
Schellenberger retorna a Santiago para dirixir á Real Filharmonía de Galicia
Os amantes da música teñen unha nova cita coa Real Filharmonía no Auditorio de Galicia. Trátase dunha oportunidade excepcional para escoitar un dos escasos concertos clásicos compostos para trompeta, xa que dentro da escea musical prográmanse poucos concertos nos que dito instrumento sexa o protagonista.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E CULTURA
Marzo, mes do comercio en Compostela
Marzo é un mes no que o comercio, despois do período de rebaixas, abre unha nova tempada comercial. Para promocionar o inicio desta tempada, porase en marcha unha serie de actividades que dinamicen o sector durante todo este mes.
ALCALDÍA
Premio para os máis deportivos
A Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol entregou os trofeos á deportividade correspondentes á temporadas 2005-2006. Os clubs Santiago de Compostela B, San Pedro B, Villestro e La Salle foron os galardoados nesta ocasión.