ALCALDÍA
A figura da Virxe da Cerca recupera o aspecto orixinal tras a súa reparación
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, visitaron a restaurada figura da Virxe da Cerca, cuxa cabeza fora arrincada nun acto de vandalismo na madrugada de Reis. Recupera así o seu aspecto orixinal esta talla, situada na fachada do colexio Compañía de María, na rúa da Ensinanza.
MULLER
O Centro de Información á Muller incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas
O Centro de Información á Muller (CIM) de Santiago incorpora un servizo de teletradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade, e facilitará a comunicación en 51 idiomas.
CULTURA
A Agrupación Musical Albéniz ofrece un concerto no Auditorio de Galicia
A Agrupación Musical Albéniz chega a Compostela o sábado 14 de xaneiro para dar un concerto no Auditorio de Galicia. Será na Sala Mozart a partir das 20:00 horas e a entrada é libre ata completar aforo.
NADAL
Satisfacción do Goberno municipal polo éxito das actividades do Nadal
Os concelleiros María Pardo, Francisco Noya e Reyes Leis compareceron en rolda de prensa para facer balance das actividades do Nadal. En termos xerais, declaráronse moi satisfeitos polo éxito e acollida de público das diferentes actividades. E cara a seguinte edición, anunciaron a vontade de seguir mellorando e incorporando novas actividades, como os programas de conciliación no rural, un máis amplo mercado de Nadal ou un concurso de panxoliñas, entre outros.
BENESTAR SOCIAL
Vinte e dous mozos en situación de risco social melloran a súa capacitación laboral grazas aos cursos da UMAD
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, presentou varios curso de prevención que está a realizar a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Trátase de catro obradoiros de mellora da comunicación entre pais e nais e doutros de capacitación laboral, neste caso destinados a mozos e mozas en situación de conflito.
CULTURA
The Answer inaugura o Compostela Rock
Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura, inaugurase o sábado 14 de xaneiro cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol ás 21:30 horas. A banda, elixida por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, chega a Compostela para dar o único concerto en Galicia, logo de estar en Madrid, Barcelona e Bilbao, e presentar o seu novo disco, Revival.
ALCALDÍA
O alcalde denuncia o "erro de planeamento" que fai "inviable nestes intres" a construción da rotonda de acceso aos novos polígonos
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, vén de indicar que a construción da rotonda de acceso aos polígonos industrias da Sionlla e de Formarís (SUNP-38) e Costa Vella (SUNP-37.3), na estrada N-550, está pendente de que se chegue a un acordo de financiamento conxunto da mesma por Ministerio de Fomento, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e propietarios. O rexedor municipal fixo estas declaracións no transcurso dunha visita ao Polígono do Tambre en compañía do presidente da Xunta, Alberto...
XUNTA DE GOBERNO
A reposición de cableado roubado no verán supuxo un gasto de case 62.000 euros
O gasto pola reposición de cableado de cobre roubado nos meses de xuño, xullo e agosto supuxo un gasto de 61.935 euros, segundo indicou a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, á vista das sete facturas remitidas por este concepto pola empresa concesionaria do mantemento do sistema de alumeado.
CONSORCIO
A exposición "Compostella dicitur" recrea o Santiago do século XIII
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que servirá para inaugurar o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea. A orixe do nome procede da bula do Papa Urbano II, de 1095, na que se decreta o traslado da sede episcopal dende Iria Flavia ata a cidade "chamada Compostela"...
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago expresa o seu pesar e o de todos os composteláns polo falecemento de Isaac Díaz Pardo
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, expresou o seu pesar e o de todos os composteláns polo falecemento de Isaac Díaz Pardo. Conde Roa indicou que "Santiago sente a perda irreparable dunha das personalidades máis importantes da nosa historia recente".