ORZAMENTOS MUNICIPAIS
O Pleno debatirá os orzamentos municipais
O Pleno extraordinario convocado para o luns, 11 de abril, abordará a aprobación inicial dos orzamentos municipais do presente ano.
EDUCACIÓN
Alumnos do IES Lamas de Abade gañan o concurso "Coñecer as cidades Patrimonio"
Un grupo de alumnos de 3º de E.S.O. do Instituto Lamas de Abade foi o gañador na cuarta edición do programa didáctico "Coñecer as cidades patrimonio" na que participan alumnos de centros de ensino das once cidades que forman parte do Grupo de Cidades de España Patrimonio da Humananide.
MERCADOS
Remodelación da Praza de Abastos
O responsable do Instituto Municipal de Barcelona, entidade que supervisará a remodelación da Praza de Abastos, visitará o recinto compostelán
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novas actividades no CSC das Fontiñas
O Centro Sociocultural das Fontiñas organiza varias actividades para o trimestre que vai de abril a xuño dirixidas a nenos e adultos.
CULTURA
Antón Lopo presenta o "Libro dos amados"
O xoves 7 de abril ás 19.30 horas no Casino de Santiago presentarase a obra de Antón Lopo Libro dos amados, sétima entrega da colección Poeta en Compostela, editada conxuntamente pola Concellaría de Cultura e o Grupo Correo Gallego, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega.
DÍA DA ÁRBORE
Estudantes composteláns plantan árbores no Parque de Eugenio Granell
Arredor de 150 rapaces de entre 4 e 12 anos de idade participaron na plantación de árbores que tivo lugar no Parque de Eugenio Granell, sito no Restollal, con motivo da conmemoración do Día da árbore e do Día Mundial da auga, celebrados os pasados 21 e 22 de marzo, respectivamente.
EDUCACIÓN
Nova Carta de Cidades Educadoras
O Pleno celebrado o 31 de marzo aprobou o texto da nova Carta das Cidades Educadoras.
ALCALDÍA
Alumnos do CEIP Colexiata de Sar entrevistan ao Alcalde
Rapaces de 5º do CEIP Colexiata de Sar achegáronse á Casa do Concello co fin de entrevistar ao Alcalde compostelán para a revista "Raiola", que edita anualmente o seu centro.
MEDIO AMBIENTE
Rapaces composteláns plantarán árbores no Parque Eugenio Granell
Perto de 150 rapaces de entre 4 e 12 anos de idade participarán na plantación de árbores que terá lugar o xoves 7 de abril, a partir das 10.30 horas no Parque Eugenio Granell, sito no Restollal, con motivo da conmemoración do Día da árbore e do Día Mundial da auga, que tiveron lugar, respectivamente, os pasados 21 e 22 de marzo. Os rapaces pertencen aos Colexios Lamas de Abade e Ramón Cabanilas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Títeres Cascanueces celebra o seu décimo aniversario no CSC de Vite
Con motivo da celebración do seu décimo aniversario a compañía de Títeres Cascanueces realizará varias representacións no Centro sociocultural "José Saramago" de Vite os próximos días 7, 8, 9, 11, 12 e 13 de abril.