CULTURA
Víctor Pablo Pérez dirixe a Orquestra Sinfónica de Galicia no Auditorio
A Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Víctor Pablo Pérez, dará o xoves 19 un concerto no Auditorio de Galicia. Interpretará pezas de Fazil Say, Albert William Ketèlbey, Carls Nielsen e Camille Saint-Saëns, e na primeira parte do concerto, onde poderemos escoitar o Concerto para violín e orquestra "1001 Noites no Harén", de Say, estarán acompañados pola violinista Patricia Kopatchinskaja.
MOBILIDADE
Os residentes por municipio poderán estacionar en zona verde de 9:00 a 20:00 horas co pago dun canon
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, explicou en rolda de prensa as principais novidades da modificación da Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de Residentes. Unha das principais novidades é que os residentes empadroados na cidade terán a posibilidade de estacionar nas zonas verdes coa súa tarxeta de residente por municipio, que implicará o pago dun canon aínda por fixar.
URBANISMO
Os propietarios das Casas de Ramírez poden optar a axudas de ata 10.400 euros para a mellora de elementos comúns
Os veciños dos 17 bloques das Casas de Ramírez, no Ensanche compostelán, poderán acceder a axudas de rehabilitación e mellora de elementos comúns, grazas a ser considerados estes inmobles como edificios catalogados. As axudas poden chegar ata o 75% do orzamento da obra, cun máximo de 10.400 euros.
SAÚDE
O Concello únese á campaña de doazón de sangue e anima os composteláns a colaborar
A Unidade Móbil do Centro de Transfusións de Galicia permaneceu diante do Pazo de Raxoi durante a mañá deste martes. Un bo número de cidadáns, algúns deles traballadores municipais, aproveitaron a ocasión para exercer este labor solidario e tan necesario.
CULTURA
Última semana para ver "Cal e canto", do Colectivo Batbirulau, na Zona "C"
A intervención Cal e canto, do Colectivo Batbirulau, chega á súa última semana de exhibición na Zona "C", equipamento cultural dependente da Concellaría de Cultura. O domingo 22 clausúrase a mostra, aberta dende o 21 de outubro. O horario da sala é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas todos os días, agás os luns.
TURISMO
Santiago de Compostela promociónase en Fitur como un "destino cinco estrelas"
O Pazo de Raxoi acolleu a presentación de Compostela, destino cinco estrelas, unha iniciativa da Asociación Hostalería Compostela para a promoción dos hoteis da cidade e da comarca, que conta coa colaboración de Turismo de Santiago e da Asociación de Guías Turísticos de Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
Xeración Nós, As Torres no Ar e Simón Bolívar dan nome a tres novas rúas en Roxos
A Xunta de Goberno aprobou outorgar nome a tres novas rúas do SUNP-25 de Roxos. Ademais, deu o visto boa o proxecto de modificación da ordenanza que regula os sistema de estacionamento de residentes e á xestión conxunta dos servizos de Grúa e ORA.
ALCALDÍA
O alcalde expresa o seu pesar pola morte de Manuel Fraga, "un compostelán máis e o noso mellor embaixador"
A Xunta de Goberno local decretou tres días de loito e que as bandeiras ondeen a media hasta polo falecemento de Manuel Fraga, sumándose así ás medidas establecidas pola Xunta de Galicia. O alcalde comunicou esta decisión e o seu pesar pola morte dun "compostelán máis" que "levou sempre Santiago no seu corazón".
COMERCIO
A pista de xeo da praza da Quintana acolleu o sorteo das Noites Abertas
A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, dirixida por Reyes Leis, realizou na pista de xeo da Quintana o sorteo de premios das Noites Abertas, celebradas os días 23 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro. Nestas datas, 97 tendas dos máis diversos ramos –moda, xoiería, óptica, artesanía, xoguetes e máis- abriron as súas portas ata as doce da noite para ampliar o horario comercial habitual e facilitar as compras de última hora no pequeno comercio compostelán.
URBANISMO
Emuvissa inicia un preconcurso de acredores para afrontar ás súas débedas a curto prazo
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) vai iniciar un preconcurso de acredores, cun prazo de tres meses para intentar chegar a acordos cos contratistas e así facer viable a entidade. Así o anunciou a concelleira de Urbanismo e presidenta de Emuvissa, María Pardo, quen tamén comunicou que se estudará a posibilidade de emprender accións legais contra o anterior Consello de Administración, polas irregularidades na licitación dos solos industriais 37.3 (Costa Vella) e 38 (Formarís), así como polo cobro de cotas aos...