PERSOAL
A oferta de emprego do Concello para 2007 inclúe dez novas prazas
A Xunta de Goberno local aprobou a oferta de emprego do Concello para o ano 2007. Trátase de nove prazas de funcionario de carreira e unha de persoal laboral.
CONSORCIO
A rehabilitación integral da Casa do Deán permitirá unha mellor atención ao peregrino
A Casa do Deán, un dos edificios máis emblemáticos de Santiago e catalogado como edificación monumental, vai ser rehabilitado polo Consorcio de Santiago. Trátase de dignificar o espazo de acollida e recepción de peregrinos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Cincuenta e unha persoas acceden ao mercado laboral a través do Persoa III
Cincuenta e unha persoas que participan no Proxecto Persoa III, posto en marcha pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, accederon ao mercado laboral. Esta cifra representa o 57% do total. Destas 51 persoas, 47 están traballando na actualidade, e as outras catro traballaron en algunha fase do proxecto.
ALCALDÍA
Visita Raxoi o secretario de Estado de Medio Ambiente da República Dominicana
O secretario de Estado de Medio Ambiente e Recursos Naturais da República Dominicana, Maximiliano Puig, está de visita en Galicia. Aquí está a manter distintas xuntanzas co fin de establecer fórmulas de colaboración entre o país caribeño e Galicia en materia de xestión medioambiental.
REFUXIO
I Festival do Refuxio de Animais: unha chamada á responsabilidade
A Asociación Abeiro organiza o I Festival do Refuxio de Animais, un evento solidario que pretende servir de axuda a esta entidade e chamar a atención sobre a lacra do abandono de animais. Será o sábado 19 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
SEGURIDADE
Os bombeiros sufocan de madrugada un incendio nunha grúa que traballaba nas obras do AVE
Os bombeiros de Santiago sufocaron na madrugada do venres 18 un incendio declarado nunha das grúas que traballaban nas obras de construción do viaducto do AVE á altura do lugar do Eixo de Arriba.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Case o 70% dos alumnos de cantería acceden ao mercado laboral
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego levará a cabo, o luns 21 e o martes 22 de maio, o proceso de selección de alumnos para o curso de Cantería. Esta actividade formativa, incluída no Plan FIP (Formación e Inserción Profesional), está destinada a persoas desempregadas. Os interesados poden achegarse polas instalacións da Concellaría de Promoción Económica situadas na porta 9 do Multiusos de San Lázaro (Avda. Fernando Casa Novoa, 20), en horario de 9:00 a 14:00 horas.
LINGUA
O Concello únese á lembranza de María Mariño no Día das Letras Galegas
Como cada ano, o Concello de Santiago sumouse aos actos de celebración do Día das Letras Galegas, este ano dedicadas a María Mariño. Este ano, dáse a circunstancia que esta xornada coincide co día grande das festas da Ascensión.
DEPORTES
Bota a andar a recuperada Volta Ciclista da Ascensión
Santiago recuperou, despois de dezasete anos, unha das probas ciclistas máis importantes da cidade, a Volta Ciclista da Ascensión. A competición botou a andar o xoves 17, día da Ascensión. O alcalde compostelán, recibiu aos participantes na chegada, na avenida Xoán Carlos I.
EDUCACIÓN
O XII Concurso Literario Ánxel Casal xa ten gañadores
O xurado do Concurso Literario Ánxel Casal, na súa edición de 2007, elixiu os gañadores nas súas tres modalidades de conto, de teatro e de poesía.