TURISMO
O concelleiro de Turismo recolleu para Compostela o premio ao Mellor Destino Turístico Internacional en Brasil
Santiago de Compostela recibiu o premio a Mellor Destino Turístico Internacional dentro do certame "Os dez máis o Turismo de 2007", organizado pola Brasil Travel News e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens. O premio foi recollido, de mans de Teresa Ortiz, directora da Oficina Española de Turismo en Brasil, polo concelleiro de Turismo, Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias.
ALCALDÍA
Máis de 300 traballos aspiran ao I Premio Internacional "Compostela" para álbums ilustrados
Para o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, está previsto o fallo do I Premio Internacional "Compostela" para álbums ilustrados, convocado polo Concello en colaboración coa editorial Kalandraka. Con tal motivo, o xurado estase a reunir no Centro Sociocultural do Ensanche. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou aos seus integrantes.
TURISMO
Xosé Manuel Iglesias visita a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro e a Cámara Oficial Española de Comercio en Brasil
Aproveitando a súa estancia na cidade brasileira de São Paulo, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, está a manter varias reunións de traballo con diversos axentes. Así, logo de ser recibido polo equipo directiva da Sociedade Hispano Brasileira, Iglesias visitou a Sociedade de Beneficencia Rosalía de Castro e a Cámara Oficial española de Comercio en Brasil.
ALCALDÍA
O Concello ofrecerá ao IMELGA unha parcela axeitada para a súa nova sede
O Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) ten proxectado construír unha nova sede e o Concello colaborará na cesión dunha parcela axeitada para o edificio. Para falar deste tema, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co director do IMELGA, Benito López de Abajo, e co xefe do servizo de Patoloxía Forense, José Blanco Pampín.
REFORMA ADMINISTRATIVA
A Carpeta Cidadá engade aos seus servizos as solicitudes de certificados de empadroamento e de convivencia
A concelleira de Réxime Interior e Reforma Administrativa, Rosa Fernández, presentou tres novos servizos que xa ofrece a Carpeta Cidadá desta web municipal: a posibilidade de solicitar en liña certificados de empadroamento e de convivencia, e a autoliquidación de plusvalías.
MEDIO AMBIENTE
O programa "Fogares Verdes" promoverá o aforro de enerxía e auga en 50 domicilios composteláns
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e a presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Adela Figueroa, asinaron un convenio de colaboración para executar o programa Fogares Verdes. Esta iniciativa promove o aforro enerxético e no consumo de auga nos fogares composteláns.
CULTURA
Teatro Galileo reflexiona sobre os efectos perversos da avaricia
Un dos clásicos de Molière, O avaro, chega ás táboas ao Principal na xornada na que se celebra o Día Mundial do Teatro. O xoves 27 e o venres 28, os composteláns teñen a oportunidade de gozar dunha obra que nunca deixa de estar de actualidade pola súa reflexión en torno aos efectos da avaricia.
COMERCIO
Media Lúa gaña o Concurso de Escaparatismo
A tenda de marroquinería Media Lúa, ubicada na rúa Travesa número 5, é o comercio gañador do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping" 2007 , fallado o 26 de marzo e convocado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Media Lúa foi o establecemento que tivo unha maior presenza e continuidade ao longo das catro edicións anuais do certame, xa que quedou en primeira posición na edición de Primavera e en terceiro lugar nas de Verán e Outono.
COMERCIO
A Gala do Comercio homenaxeará a cinco establecementos de Santiago
Farmacia Valdés, Joyería Frade, Novedades Carmiña, Mercería Algui e Morandeira Moda son os cinco establecementos que van ser homenaxeados na III Gala do Comercio, "Compostela capital de compras", que celebrará o 10 de abril no Teatro Principal dentro do programa de actividades deseñadas baixo o lema Marzo, mes do comercio.
CULTURA
O Auditorio de Galicia abre o prazo para a renovación e venda de abonos para terceiro trimestre da tempada 2007-2008
O Auditorio de Galicia abre o prazo para a venda e renovación de abonos para o último trimestre da temporada. A renovación de abonos poderá facerse no despacho de billetes do Auditorio de Galicia, os días 28 e 29 de marzo e a venda de novos abonos será os días 31 de marzo e 1 de abril, de 12:00 a 14:00 horas.