LEMBRANZA
Máis dun cento de persoas conmemoraron o levantamento de 1846
O domingo 23 de abril, ás sete da tarde, exactamente 160 anos despois da rendición de Solís, a Concellaría de Cultura celebrou un acto conmemorativo do levantamento de 1846. O acto, na Praza da Inmaculada, comezou cunha introdución do concelleiro Néstor Rego, seguido por unha actuación do trío de violonchelistas Chelicia e unha lectura de poemas a cargo de María do Cebreiro.
XULGADO MERCANTIL
Sánchez Bugallo reunirase co conselleiro de Xustiza o martes 25
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, reunirase co conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luís Méndez Romeu, o vindeiro martes, ás 9:00 horas, no Pazo de Raxoi. Na xuntanza abordarase a máis recente actualidade en relación coa demanda dun Xulgado e dun Rexistro do Mercantil para a cidade.
LEVANTAMENTO DE 1846
Lembrando o levantamento galego de 1846
A concellería de Cultura de Santiago de Compostela organiza un acto o vindeiro domingo 23 de abril para celebrar os 160 anos do levantamento galego en Santiago de Compostela. O acto, que se celebrará na praza da Inmaculada, estará presentados polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego e iniciarase ás 19.00 horas, xa que a esa hora comezaron a rendirse os compañeiros de Solís, vendo que non quedaban municións no mosteiro de San Martiño Pinario.
EXPOSICIÓN
O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Sen Xeración"
O Auditorio de Galicia acollerá a exposición "Sen Xeración" dende o vindeiro mércores, 26 de abril. O título da mostra fai referencia á obra dunha serie de artistas, trece en total, que por diferentes circunstancias, a historia quixo deixar "sen xeración".
CONCERTOS DIDÁCTICOS
Máis dun milleiro de rapaces participaron no Ciclo de concertos didácticos nos centros escolares
Un total de 1.175 alumnos de educación secundaria participaron no Ciclo de concertos didácticos nos centros escolares, dedicados este ano a Mozart con motivo do 250º aniversario do seu nacemento. O programa, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade constou de 10 concertos, celebrados nos propios centros de ensino de Santiago e no Centro Sociocultural de Fontiñas.
PUBLICACIÓNS
Presentado o Anuario Estatístico 2005
O concelleiro delegado de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Anuario Estatístico de Santiago de Compostela 2005. Esta publicación recolle dun xeito ordeado e sistemático a información económica e sociodemográfica da cidade. A nova edición recolle varias novidades como a introdución por primeira vez de datos sobre formación para o emprego ou censos agrarios.
BENESTAR SOCIAL
Primeira Pedra da Casa das Asociacións de Servizos Sociais
O martes 25 de abril ás 11.30 horas celébrase o acto de colocación da primeira pedra da Casa das Asociacións de Servizos Sociais, ao que asistirán as autoridades municipais e representantes das organizacións sociais.
PLENO INFANTIL
Alcaldes de doce anos por un día
Os alumnos de primaria dos colexios Roxos-Villestro e da Compañía de María exerceron de improvisados concelleiros nos plenos infantís celebrados no Concello con motivo da Xornada de portas abertas. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, exerceu de anfitrión e recolleu as propostas dos máis novos nestas didácticas e participativas sesións plenarias.
TURISMO
O Instituto de las Ciencias y las Artes Audiovisuales apoiará a celebración de Curtocircuíto 2006
O concelleiro de Turismo Francisco Candela reuniuse en Madrid co director xeral do Instituto de las Ciencias y las Artes Audiovisuales (ICAA) para presentarlle o proxecto da terceira edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela.
CIDADES PATRIMONIO
O IES Rosalía de Castro, premiado no programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"
"Eivissa: O turismo desde unha perspectiva de sostibilidade. Proposta de achegas e actuacións" é o título do traballo polo que foi seleccionado o grupo de 2º de ESO do IES Rosalía de Castro na 5ª edición do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio". Outros dous centros escolares santiagueses, o IES Eduardo Pondal e o C. Seminario Menor, participaron nesta convocatoria.