BENESTAR SOCIAL
Xornada sobre reagrupamento familiar na Unidade de Atención ás Migracións (UAMI)
A Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, realizou unha xornada informativa sobre Reagrupamento familiar, en colaboración con Cáritas Diocesana e Cruz Vermella.
COMERCIO
Santiago de Compostela acolle o 19 de abril Conecom, primeira conferencia de comercio electrónico de Galicia
A concelleira de Economía e Comercio, Reyes Leis, presentou Conecom, a primeira conferencia de comercio electrónico de Galicia, que se celebrará o día 19 de abril no Palacio de Congresos e será de asistencia gratuíta.
XUNTA DE GOBERNO
O Valedor do Pobo destaca o labor do Concello de Santiago para erradicar o consumo de alcohol por menores
A concelleira de Benestar Social e voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado, expresou a súa satisfacción polo informe anual do Valedor do Pobo, no que felicita o Concello de Santiago polo labor realizado para combater o consumo de alcohol por menores. Referiuse a este informe tras dar conta dunha sesión da Xunta de Goberno na que, entre outros asuntos, se deu o visto bo ao convenio entre Xunta e Concello para sufragar os gastos derivados do Estatuto de Capitalidade.
FESTAS
Amaia Montero, Celtas Cortos, Xoel López ou Iván Ferreiro, algúns dos nomes do programa musical das Festas da Ascensión
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou un avance da programación musical das Festas da Ascensión. Varios festivais traerán a Santiago a artistas como Amaia Montero, Celtas Cortos, Xoel López ou Iván Ferreiro.
CONSORCIO
Constituída a comisión de seguimento do protocolo para a implantación do plan de xestión da Catedral de Santiago
En decembro de 2011 asinábase entre o Consorcio de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago un protocolo de colaboración polo que o Consorcio apoiará financeiramente á Catedral para implantar un modelo de xestión autosostible que permita a futura autofinanciación da Catedral e axude ao mantemento continuo do conxunto partindo dos ingresos que el mesmo xere. Esta iniciativa, enmarcada no ámbito de colaboración que o Consorcio e a Catedral estableceron con motivo do 800 aniversario da Catedral de Santiago, botou a andar coa...
CULTURA
O Teatro Principal ofrece cinco representacións de "O florido pénsil"
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou O florido pénsil, que estará no Teatro Principal esta semana. Na rolda estivo acompañado polos actores Xosé Manuel Olveira, ‘Pico’ e Alfonso Agra, así como polo distribuidor da obra, Julio Perugorría. As funcións serán mércores e venres ás 21:00 h, sábado ás 18:00 e 21:00 h e domingo ás 20:00 h As entradas, a 16 euros (9 no anfiteatro) están á venta en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro...
ALCALDÍA
O alcalde pregoa a orixe solidaria da Festa da Uña e do barrio de San Lázaro
O barrio de San Lázaro celebrou a segunda xornada da Festa Gastronómica da Uña. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, pronunciou o pregón deste evento, co cal o Concello colabora.
SEGURIDADE CIDADÁ E BENESTAR SOCIAL
Policía Local e Garda Civil delimitan territorialmente as súas competencias en materia de seguridade viaria
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, deu conta da sinatura dun convenio entre a Policía Local e o Destacamento da Garda Civil de Tráfico en Santiago para a delimitación territorial das súas competencias en todo o relacionado coa seguridade varia.
DEPORTES
Deportes proxecta unha terceira instalación acuática para a zona sur da cidade
O Concello está a traballar para dotar ao sur da cidade coa que sería a terceira instalación acuática da cidade. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, na presentación do terceiro partido polo título da Liga Galega Absoluta de waterpolo que enfrontará ao Club Waterpolo Santiago co Galaico de Pontevedra o sábado 24, ás 19:15 horas, na piscina de Santa Isabel.
RECOLLIDA DE LIXO
O Concello pavimentará a parcela anexa ao Punto Limpo do Tambre para facilitar unha eficiente recollida do vidro
O concelleiro de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, anunciou que se está a executar obra de pavimentación na parcela anexa ao Punto Limpo do Tambre. O obxectivo é asegurar un eficiente depósito e recollida do vidro, evitando as devolucións que se veñen producindo nos últimos anos.