FESTAS
O Concello de Santiago deseña un completo programa da Ascensión para implicar os composteláns nas súas festas
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou o programa das Festas da Ascensión, que se celebrarán do 16 ao 20 de maio. Acompañárono na rolda de prensa Xoel López e Eladio, de Eladio y los Seres Queridos, uns dos protagonistas no concerto principal destas festas, o festival SONA.
ALCALDÍA
O alcalde e a presidenta do Parlamento reafirman a vontade de colaboración
O alcalde compostelán reuniuse en audiencia coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo. Esta foi a primeira visita institucional de Ángel Currás dende a súa toma de posesión como rexedor municipal. Nos vindeiros días continuará a súa rolda de reunións con autoridades políticas, eclesiásticas e académicas.
MEDIO RURAL
O Goberno local aproba o convenio coa Xunta para realizar labores de prevención contra o lume nos montes do municipio
A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria, aprobou o convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar para a realización de labores preventivos nos montes do municipio, por importe de 23.297 euros.