EDUCACIÓN
A Escola Infantil Municipal das Fontiñas celebrou o Entroido cunha festa medieval
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Educación, Ángel Currás, participaron na festa medieval organizada na Escola Infantil Municipal das Fontiñas con motivo do Entroido.
VÍAS E OBRAS
Arranxado o problema de seguridade provocado polo deterioro das varandas na rúa do Pexigo de Arriba
Atendendo a unha demanda veciñal de hai tempo, a Brigada de Vías e Obras solucionou un problema de seguridade na rúa do Pexigo de Arriba, motivada polo deterioro das varandas das beirarrúas. O concelleiro Juan de la Fuente visitou a zona para comprobar a actuación realizada.
EDUCACIÓN
Visita a Raxoi de 30 escolares británicos
Un grupo de 30 escolares e tres profesores do Hockerill Anglo-European College visitaron o Pazo de Raxoi, onde foron recibidos polo concelleiro de Educación, Ángel Currás.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O Meco do Entroido é un ano máis unha alegoría sobre a situación económica
O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o Meco do Entroido 2012. Un ano máis, o boneco é unha alegoría da actual situación económica e representa todos os seus males. O mércores 22 arderá na praza Roxa.
ALCALDÍA
O Eixo Atlántico crea unha comisión para impulsar a intermodalidade entre as infraestruturas de transportes da Eurorrexión
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asistiu á XVII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, celebrada en Monte de Santa Luzia, Viana do Castelo (Portugal). A entidade deu o visto bo a unha proposta súa de constitución dunha comisión para impulsar a intermodalidade na Eurorrexión.
TURISMO
Fin de semana dos Xenerais da Ulla con atranques en Aríns e O Eixo
O Campo da Festa de Aríns acollerá o sábado 18, ás 18:30 horas, un tradicional alto ou atranque do Entroido dos Xenerais da Ulla. Pero antes, durante todo o día, toda a comparsa, formada por xenerais, correos, coros e parrandas, percorrerán a parroquia convidando aos veciños e visitantes a participar neste Entroido tradicional.
CULTURA
Circio presenta a súa primeira produción, "Baile de soños", no Teatro Principal
Circio, compañía de música e danza de nova creación dirixida por Manuel Cobas, presenta o seu primeiro espectáculo Baile de soños no Teatro Principal. Será o venres 17 de febreiro a partir das 21:00 horas.
CULTURA
Leilía e Diamond Dogs, novas citas musicais
A programación da Concellaría de Cultura segue a ofrecernos calidade e diversidade. Así, as seguintes citas no eido musical serán os concertos de Leilía e de Diamond Dogs. O venres 24, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, Leilía presenta o seu último traballo, ConSentimento, dentro do ciclo Sons 2012. E o sábado 25, na Sala Capitol, poderemos escoitar aos Diamond Dogs, acompañados dos Sugar Mountain, a partir das 20:30 horas, nunha nova cita co Compostela Rock.