MEDIO RURAL
O concelleiro de Medio Rural demanda a colaboración de Augas de Galicia para dotar de servizos básicos ao rural compostelán
O concelleiro de Medio Rural, Luís García Bello, reuniuse co presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez. Ambos falaron, entre outros asuntos, das obras executadas en base ao convenio de colaboración entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) para obras hidráulicas nas parroquias, na súa primeira fase.
EDUCACIÓN
Máis de 200 escolares participaron na Escola Municipal de Verán de Inglés
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, clausurou unha nova edición da Escola Municipal de Verán de Inglés English Summer School. 205 nenos e nenas participaron neste programa, desenvolvido do 1 ao 29 de xullo.
ALCALDÍA
O Grupo Cidades Patrimonio creará unha comisión executiva para exercer de interlocutora co Ministerio de Cultura
A Asemblea Ordinaria do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse na Casa Canals de Tarragona. A Asemblea foi presidida polo alcalde de Santiago e actual presidente do Grupo, Xerardo Conde Roa.