INFRAESTRUTURAS
Seiscentos mil euros para unha senda peonil en Son, a reurbanización do entorno do CSC de Marrozos e o vieiro Ponte Albar-Grixoa
O concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, presentou os proxectos de tres obras no rural que sairán a licitación nos vindeiros días e que supoñen un investimento total de 609.424 euros. Trátase dunha senda peonil que unirá o polígono do Tambre e Son de Abaixo, da reurbanización do entorno do centro sociocultural de Marrocos e do vieiro entre Ponte Albar e Grixoa.
EDUCACIÓN
A mostra "Un mundo de posibilidades" ofrece unha ollada ao traballo artístico desenvolvido nas escolas infantís
Inaugurouse a exposición Un mundo de posibilidades na Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 13). Trátase dunha mostra colectiva froito do proxecto de arte na Rede Municipal de Escolas Infantís, promovido pola Concellería de Educación en colaboración co artista plástico Xesús Carballido.
CULTURA
Corenta curtametraxes de catro seccións para comezar a VIII edición de Curtocircuíto
Coa proxección de 40 curtametraxes arranca o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto na súa VIII edición, organizado pola Concellería de Cultura e Centros Socioculturais.
CULTURA
Chega a Sons da Diversidade a gran diva grega Eleftheria Arvanitaki
O sábado 7 hai unha nova cita con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será a partir das 21:00 horas da man da gran diva grega Eleftheria Arvanitaki, que presenta Mírame, un disco de raíz co sabor do mediterráneo en todos e cada un dos seus temas. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 20 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.