BENESTAR SOCIAL
Benestar Social prepara unha escola de verán no ámbito do Urbana Santiago Norte
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, anunciou que un dos proxectos que o seu departamento ten en marcha no marco do programa Urbana Santiago Norte é a creación dunha escola de verán dirixida aos máis novos deste ámbito de actuación. Ademais, potenciarase o Programa de Educación de Rúa, neste caso insistindo no intercambio xeracional entre mozos e maiores.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as listas provisionais das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou provisionalmente as listas de admisión e agarda nas escolas infantís municipais de Conxo para o curso 2011-2012. Na mesma sesión deuse o visto bo a un orzamento de 180.002 euros para as festas da Ascensión, que nesta edición teñen o seu día grande o 2 de xuño.
EDUCACIÓN
As escolas infantís de Conxo e Fontiñas abren a convocatoria para os seus obradoiros
A Concellería de Educación pon en marcha os obradoiros das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Están destinados a nenos e nenas de tres a seis anos e desenvolveranse de luns a venres, de 16:00 a 20:00 horas, agás nos períodos vacacionais dos centros, nos que horario pasará a ser de mañá.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega actual
A Concellería de Participación Cidadá colabora en Que ves cando me ves?, unhas xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega actual e a reflexión crítica da cidadanía. Desenvólvense do 11 de maio ao 30 de xuño de 2011.