NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Normalización Lingüística presenta o xogo "Atopando Compostela" aos centros de ensino e entrégalles exemplares do mesmo
A Casa das Asociacións acolleu unha charla de presentación ao ensino secundario do xogo educativo Atopando Compostela, impulsado pola Concellería de Normalización Lingüística. Cada centro de ensino recibiu dous exemplares do xogo.
CULTURA
"Casus Belli+Refutación do Contexto", nova exposición no Auditorio de Galicia
Logo do peche da exposición Korda. Coñecido, Descoñecido, abre as súas portas unha nova mostra no Auditorio de Galicia. Baixo o nome de Casus Belli+Refutación do Contexto
BENESTAR SOCIAL
Cea benéfica para recadar fondos destinados á Casa da Infancia de Colombia
A Fundación Balms para a Infancia celebrará a súa II Cena Benéfica o venres 8 de abril, ás 22.00 horas, no Hostal dos Reis Católicos. O Concello colabora con esta iniciativa solidaria, que pretende recadar fondos para o proxecto da Casa da Infancia de Colombia.
XUNTA DE GOBERNO
Adoptado o acordo definitivo de cesión da parcela para o centro de saúde de Conxo
A Xunta de Goberno, na súa reunión ordinaria, adoptou o acordo definitivo de cesión a favor do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) da parcela R-10 do Plan Parcial do SUP-4 de Conxo, co obxecto de que sexa destinada a Centro de Saúde Público.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións exhibe os gravados do artista compostelán Manoel Bonabal
A Concellaría de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións (rúa Manuel Beiras, 3) a exposición Pingas, na que o artista compostelán Manoel Bonabal amosará gravados (xilografía e monotipias) coa temática da chuvia. A mostra, que se inaugurará o mércores 6, ás 20.00 horas, estará aberta ata o 29 de abril. No acto haberá un recital poético de Iolanda Aldrey.