CONSORCIO
Froiz e Avante Márketing & Medios convértense en patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral de Santiago
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou co director xeral de Distribuciones Froiz, José María Froiz Prieto, e co director en Galicia de Avante Márketing & Medios, Juan Manuel Muñoz Moreno, os acordos polos que estas dúas empresas pasan a ser patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde cre que o AVE "vai cambiar cualitativamente o turismo en Galicia"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, valorou en rolda de prensa a autorización do Ministerio de Fomento para a redacción do proxecto da futura estación do AVE. Confía en que o concurso se convoque na vindeira semana, co fin de que estea aberta a presentación de propostas ata a segunda quincena de xuño e, antes as mesmas, elixa a comisión avaliadora.
EDUCACIÓN
Escolares de Ávila participan en Santiago en actividades lúdicas e didácticas no marco do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiu o grupo de alumnos do Colegio Diocesano Asunción de Nuestra Señora de Ávila que elaborou o traballo seleccionado por esta cidade na décima edición do programa didáctico Coñecer as Cidades Patrimonio.
ALCALDÍA
Escolares do Quiroga Palacios preguntan a Sánchez Bugallo sobre a Axenda 21
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, mantiveron un encontro cun grupo de alumnos de quinto curso do colexio Quiroga Palacios.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle unha exposición retrofuturista sobre Xulio Verne
O luns 2 de maio, ás 12:00 horas, inaugúrase na Casa das Asociacións unha exposición retrofuturista de obxectos e traxes que intenta responder á pregunta "¿Cómo sería Santiago imaxinada por Xulio Verne". Estará aberta ata o sábado 7.
CIDADE HISTÓRICA
Anuncio de sinatura dun convenio con Fomento e co IGVS para as Áreas de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, anunciou a sinatura dun convenio co Ministerio de Fomento e co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para proseguir co labor iniciado nas Áreas de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico. "Estas actuacións permitirán proseguir pola liña iniciada destinada a mellorar a calidade de vida dos santiagueses e santiaguesas, dentro do modelo de cidade que defendemos", destacou.
ALCALDÍA
Case 2,5 millóns de euros para rehabilitar 82 vivendas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou o acordo relativo á Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Santiago (12ª fase), acto que estivo presidido polo ministro de Fomento, José Blanco. En virtude deste convenio rehabilitaranse 82 vivendas e acometeranse actuacións urbanización no seu ámbito.