EDUCACIÓN
As agrupacións da Escola Municipal de Música interpretan "Os nenos do coro"
O Auditorio de Galicia acollerá o venres 15 de abril, a partir das 19:00 horas, un concerto especial da Escola Municipal de Música, titulado Os nenos do coro. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, deu conta dos detalles desta actuación, na que participarán unhas 200 persoas, entre profesores e alumnos.
EMPREGO
Apróbase o Pacto Local polo Emprego cunha solicitude de subvención de máis dun millón euros ao Fondo Social Europeo
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, anunciou en rolda de prensa que a última Xunta de Goberno aprobou o Pacto Local polo Emprego de Santiago e acordou solicitar, a través do Ministerio de Administracións Públicas, unha axuda de 1.1404.000 euros ao Fondo Social Europeo, para un importe total do proxecto de 1.380.000 euros.
URBANISMO
Emuvissa aproba o prego para a execución da urbanización do SUNP-11 do Castiñeiriño
O Consello de Administración de Emuvissa deu o visto bo ao prego para o concurso de execución das obras de urbanización do SUNP-11. Deste xeito vaise continuar a urbanización do polígono residencial situado no Castiñeiriño que estaba pendente dende maio de 2010 cando se resolveu o contrato de execución pola suspensión temporal das obras de edificación dende 2009.
CONSORCIO
O Consorcio realiza traballos de conservación na igrexa de Santa María Salomé
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, comezou diferentes traballos de conservación na igrexa de Santa María de Salomé, situada na rúa Nova.